miniatura|dereita|300px|Castelo. miniatura|300px|Castelo do Papa Luna ao fondo. Peníscola (forma oficial en valenciano, conxuntamente coa forma castelá Peñíscola) é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na costa norte da provincia de Castelló, na comarca do Baix Maestrat. Conta cunha poboación de 7.560 habitantes (INE 2008).
Xeografía A cidade sitúase nunha península rochosa, en orixe unida a terra soamente por un istmo de area, que facía fácil a súa defensa e, que en tempos antigos, unha semana ao ano se alagaba e o istmo quedaba sepultado baixo a auga do mar. Actualmente, debido á construción do porto e dos edificios no istmo, este feito desapareceu. Sobre a pena levántase a súa zona vella, da que sobresae o castelo do Papa Luna, dividindo a costa de Peníscola en dúas metades absolutamente diferentes. Dispón de amplas praias tanto ao norte como ao sur da península do castelo e conta tamén con lugares para practicar submarinismo, destacando Torre Badum, lugar no que emerxen do fondo do mar numerosos mananciais de auga doce.
Localidades limítrofes Peníscola limita cos municipios de Benicarló, Càlig, Cervera del Maestre, Santa Magdalena de Pulpis e Alcalà de Xivert.
Demografía Peníscola ten 7.560 habitantes (INE 2008). 1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001 2006 2007 Poboación 2.506 2.916 3.142 3.3842.975 3.027 2.925 2.737 2.530 2.724 3.077 3.677 3.821 4.822 6.432 6.884
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Concello de Peníscola
Categoría:Concellos da provincia de Castelló