Os sefardís (hebreo: ספרדים, sfaradim) son os descendentes dos xudeus que viviron nos distintos territorios da Península Ibérica até 1492, e que están ligados á cultura hispánica mediante a lingua sefardí e a tradición. Calcúlase que na actualidade a comunidade sefardí acada os dous millóns de integrantes, sendo a meirande parte deles residentes en Israel, Francia, Estados Unidos e Turquía. Así mesmo, tamén existen comunidades sefardís en Cuba, México e ao longo de Suramérica, principalmente na Arxentina, o Brasil, Venezuela, Chile, Paraguai e o Perú onde chegaron os xudeus sefardís fuxindo das persecucións das autoridades españolas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sefaradi.net
Categoría:Xudaísmo Categoría:Grupos étnicos de España Categoría:Grupos étnicos dos Estados Unidos de América Categoría:Grupos étnicos de Grecia Categoría:Grupos étnicos de Israel Categoría:Grupos étnicos de Marrocos Categoría:Grupos étnicos de Turquía Categoría:Grupos étnicos de Tunisia Categoría:Premios Princesa de Asturias da Concordia