miniatura|dereita|250px|Observatorio astronómico de Estrasburgo. Un observatorio astronómico é unha construción ou lugar destinado ao estudo dos corpos celestes e do ceo en xeral.
Características miniatura|300px|dereita|Observatorio astronómico de Cotobade.
Historicamente os observatorios contiveron sextantes como ferramentas ou pedras aliñadas con certos fenómenos astronómicos, como é o caso de Stonehenge. A comezos da década de 1940 comezáronse a construír radiotelescopios para detectar e estudar radiofontes no Universo. O maior radiotelescopio do mundo atópase en Porto Rico, trátase do Radiotelescopio de Arecibo. O maior centro de Radiotelescopios está en Chajnantor, Chile.
Os modernos observatorios astronómicos conteñen enormes telescopios (con espellos de varios metros de diámetro) e ordenadores para o procesamento dos datos obtidos. Exemplos de observatorios deste tipo son o Mauna Kea en Hawái, Observatorio del Roque de los Muchachos e Observatorio do Teide nas Illas Canarias, Cerro Tololo e Cerro Pachón en Chile.
Cos derradeiros adiantos científicos foi posible enviar telescopios e instrumentos de observación celeste fóra do planeta Terra, como o Telescopio Espacial Hubble.
En Galiza existen catro observatorios astronómicos. O primeiro foi o Observatorio astronómico de Lalín, inaugurado en 1911. O Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela funciona desde 1943. En 2008 inaugurouse o Observatorio astronómico de Forcarei (xa pechado), e en 2011 comezou a funcionar o Observatorio astronómico de Cotobade. Está en proxecto a construción doutro máis en Covelo.
Véxase tamén Outros artigos Códigos de observatorios astronómicos Observatorio espacial Observatorio Griffith Observatorio Observatorios astronómicos de Galicia Observatorio astronómico de Lalín Observatorio Ramón María Aller Observatorio astronómico de Cotobade Observatorio Astronómico de Forcarei Centro Astronómico de Trevinca
Ligazóns externas
Categoría:Cúpulas
en:Observatory#Astronomical observatories