Yūki (結城市, ゆうきし, Yūki-shi) é un concello da prefectura de Ibaraki no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao extremo oeste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 65,84 km², a poboación é de 52.166 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 792 h/km².

O concello de Yūki limita cos concellos de Koga, Yachiyo, Chikusei (que son da prefectura de Ibaraki); e de Oyama (este último é da prefectura de Tochigi).

Cidades irmandadas Nagai, prefectura de Yamagata, Xapón (1983). Malinas, provincia de Anveres, Bélxica (1996).

Yuki Yuki