Na escala de tempo xeolóxico, o Plioceno é a época do período Neoxeno da era Cenozoica do eón Fanerozoico que está comprendida entre 5 millóns e 1 millón e 806 mil anos atrás, aproximadamente.

Tempo xeolóxico A época Plioceno sucede a época Mioceno e precede a época Plistoceno, ambas do seu período. Dividese nas idades Zancleano, Placenciano e Xelasiano, da máis antiga á máis recente.

Características Este período caracterízase por cambios climáticos significativos que influíron na evolución da flora (retracción dos bosques tropicais, expansión de terreos de herbas e bosque baixo) así como na proliferación de mamíferos herbívoros e carnívoros.

Durante o Plioceno produciuse a formación do Istmo de Panamá, un evento que transformou a circulación oceánica e os patróns climáticos globais, tendo un papel decisivo no desenvolvemento da Corrente do Golfo. Ademais, este período foi escenario do Grande intercambio biótico americano (GABI, polas súas siglas en inglés), no cal faunas de Norteamérica e Suramérica se intercambiaron, o que provocou a dispersión e extinción de moitas especies, aínda que os intervalos temporais foron discutidos.

O final do Plioceno marcouse pola crecente glaciarización e a aparición dos primeiros homínidos do xénero Homo.

Véxase tamén

tempo xeolóxico

Categoría:Xeoloxía