Komaki (小牧市, こまきし, Komaki-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e ao noroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 62,82 km², a poboación é de 149.433 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 2.380 h/km².
O concello de Komaki limita cos concellos de Kitanagoya, Iwakura, Kōnan, Ōguchi, Inuyama, Kasugai e Toyoyama.
Historia A cidade de Komaki foi fundada pola fusión de 3 concellos do distrito de Higashikasugai (Komaki-chou, Ajioka-mura e Shinooka-mura) no ano 1955.
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Komaki .
Categoría:Prefectura de Aichi Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón