Shirley MacLean Beaty, nada en Richmond, Virxinia o 24 de abril de 1934, coñecida como Shirley MacLaine, é unha actriz estadounidense de cinema e teatro gañadora dos premios Óscar e Globo de Ouro.

Traxectoria Carreira audiovisual Video do tráiler do seu primeiro filme, The Trouble with Harry|esquerda|miniaturaMacLaine debutou no cine en 1955, cun papel no filme de Alfred Hitchcock The Trouble with Harry.

Interpretou numerosos papeis en filmes clásicos como O apartamento de Billy Wilder, A forza do cariño ou Steel Magnolias, e traballou cunha extensísima listaxe de actores, actrices, directores e produtoras da «sétima arte».

A súa versatilidade e carisma permitíronlle interpretar unha ampla gama de personaxes durante sete décadas de carreira, sendo o último filme no que participou até a data A Family Affair, en 2024 (aos seus noventa anos).

Crenzas e libros MacLaine é coñecida pola súa devoción na crenza da reencarnación. Así mesmo, escribiu numerosas obras autobiográficas, a maioría das cales tratan sobre as súas crenzas new age como o solipsismo e sobre a súa carreira en Hollywood.

Escribiu nove libros sobre a súa procura espitual, entre eles The Camino: A Journey of the Spirit .<, escrito após a súa viaxe a Santiago de Compostela. Durante trinta días fixo o Camiño Francés mentres practicaba "meditación trascendental" e escribiu o libro onde afirma que experimentou revelacións sobre vidas pasadas, a orixe do universo e segredos de civilizacións antigas.

O escritor mexicano Carlos Fuentes dedicoulle a súa novela Cumpleaños, na que trata o tema da reencarnación.miniatura|Shirley MacLaine en 2005|esquerda

En 2015, MacLaine foi criticada polas súas declaracións sobre xudeus, cristiáns e Stephen Hawking. Comentou que as vítimas do Holocausto experimentaran os resultados do seu propio karma e suxeriu que Hawking se dera a si mesmo a enfermidade da ELA para mellorar as súas habilidades en física.

Familia É a irmá máis vella de Warren Beatty.

Shirley MacLaine ten unha filla, Sachi Parker, nada en 1956, que escribiu un libro sobre a súa atípica relación materno-filial. Nel di que a nai lle dixo que o seu verdadeiro pai era un astronauta chamado Paul que estaba viaxando nas Pléiades, e que o seu pai terrestre, Steve Parker, era un clon dese astronauta.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de Virxinia Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro musical dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Richmond, Virxinia Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Óscar á mellor actriz