Xiomara Alfaro, nada na Habana o 11 de maio de 1930 e finada en Miami o 24 de xuño de 2018,Muere Xiomara Alfaro, El ruiseñor de la canción cubana - El País, 26 de junio de 2018 foi unha cantante cubana de música popular que residiu nos Estados Unidos. Marcou un estilo propio na canción popular cubana, co seu repertorio de boleros na súa voz de soprano con especial capacidade para os sons agudos. É unha artista contemporánea de Olga Guillot, Celia Cruz, Omara Portuondo ou Yma Sumac.

Traxectoria Iniciouse en revistas musicais nos anos 50 e en espectáculos de cabaré, actuou no club Tropicana e realizou espectáculos en diversos países do mundo, chegando a editar máis de 28 discos, algún coa colaboración de Bebo Valdés ou Ernesto Duarte Brito, entre outros.

Estivo casada co pianista panameño Rafael Benítez, quen foi o seu adaptador e director de orquestra artístico colaborando na gravación dos seus discos. O bolero "Siboney" de Ernesto Lecuona foi moi popular na súa voz. Participou no filme italiano Mambo, canda Silvana Mangano e Vittorio Gassman, dirixido por Robert Rossen en 1954.

Notas

Categoría:Músicos de Cuba Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2018