A República Democrática de San Tomé e Príncipe (en portugués: República Democrática de São Tome e Príncipe, é un país insular africano formado por varias illas localizadas no golfo de Guinea, especificamente ao noroeste da costa de Gabón, moi preto da liña ecuatorial. As illas de maior importancia son: San Tomé (São Tome) e Príncipe.
As illas estiveron deshabitadas ata o seu descubrimento por exploradores no século XV. Colonizados gradualmente polos colonos portugueses ao longo do século XVI, serviron colectivamente como un centro comercial e de negocios vital para o comercio atlántico de escravos. O rico chan volcánico e a proximidade ao Ecuador fixeron que Santo Tomé e Príncipe sexan ideais para o cultivo de azucre, seguidos posteriormente por cultivos comerciais como café e cacao, a lucrativa economía das plantacións dependía en gran medida dos escravos africanos importados. Os ciclos de axitación social e inestabilidade económica ao longo dos séculos XIX e XX culminaron coa independencia pacífica en 1975. Santo Tomé e Príncipe segue sendo un dos países máis estables e democráticos de África.
Cunha poboación de 201.800 (estimación oficial de 2018), Instituto Nacional de Estadística de Santo Tomé e Príncipe, a 13 de maio de 2018. Santo Tomé e Príncipe é o segundo estado soberano africano máis pequeno despois de Seychelles, así como o máis pequeno país de fala portuguesa. A súa xente é predominantemente de orixe africana e " mestiço" ", sendo a maioría que practica o catolicismo. O legado do dominio portugués tamén é visible na cultura, costumes e música do país, que fusionan influencias europeas e africanas. Santo Tomé e Príncipe é un estado membro fundador da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.
Historia
As illas foron descubertas polos navegantes portugueses João de Santarém e Pedro Escobar entre 1469 e 1472 xunto con Annobón. A primeira colonización exitosa de San Tomé foi establecida en 1493, con xudeus sefardís exiliados de España, por Alvaro Caminha, que recibiu a terra como unha concesión da coroa portuguesa. Príncipe foi colonizada en 1500 baixo un acordo similar. Para a metade do século XVI, e coa axuda dos escravos, os colonos portugueses converteran as illas no principal exportador de azucre de África. San Tomé e Príncipe foron dominadas e administradas pola coroa portuguesa en 1522 e 1573, respectivamente.
O cultivo de azucre declinou nos seguintes 100 anos, e pola metade do século XVII, San Tomé pasou a ser pouco máis que un porto de escala para barcos provedores de carbón. A principios do século XIX, introducíronse dúas novas colleitas, café e cacao. Os ricos solos volcánicos pareceron ser apropiados para a nova industria agrícola. Como consecuencia, grandes plantacións (roças), apropiadas polas compañías portuguesas ou terratenentes absentistas, pasaron a ocupar case todo o bo labrantío. Para 1908, San Tomé chegou a ser o maior produtor mundial de cacao, que se converteu na colleita máis importante do país.
O sistema roças, que deu aos administradores das plantacións un alto grao de autoridade, conduciu aos abusos contra os granxeiros africanos. Aínda que Portugal aboliu oficialmente a escravitude en 1876, a práctica do traballo remunerado forzado continuou. Nos primeiros anos do século XX, unha controversia publicitada internacionalmente descubriu que os contratistas angolanos estiveron suxeitos a traballos forzados e a condicións laborais insatisfactorias. A desorde laboral esporádica e o descontento continuaron ao longo do século XX e culminaron nun estalido de motíns en 1953, cando varios centos de traballadores africanos morreron nun enfrontamento cos seus gobernadores portugueses. Este "Masacre de Batepa" segue sendo un feito importante na historia colonial das illas, e o goberno recorda oficialmente o seu aniversario.
Para os últimos anos da década de 1950, cando outras nacións emerxentes no continente africano estaban esixindo a independencia, un pequeno grupo de santomenses formaran o Movemento para a Liberación de San Tomé e Príncipe (MLSTP), o cal estableceu finalmente a súa base en Gabón. Tomando ímpeto nos anos sesenta, os acontecementos seguíronse rapidamente tras o derrocamento da ditadura de Salazar e Caetano en Portugal en abril de 1974. O novo réxime portugués comprometeuse á disolución das súas colonias de ultramar. En novembro de 1974, os seus representantes reuníronse co MLSTP en Alxer e elaboraron un acordo para a transferencia da soberanía. Tras un período de goberno de transición, San Tomé e Príncipe logrou a independencia o 12 de xullo de 1975, elixindo como primeiro presidente o secretario xeral do MLSTP, Manuel Pinto da Costa.
En 1990, San Tomé converteuse nun dos primeiros países africanos en incorporarse á reforma democrática, e os cambios na constitución -a legalización dos partidos políticos da oposición- conduciu en 1991 a unhas eleccións que foron pacíficas, libres e transparentes. Miguel Trovoada, un ex Primeiro Ministro que estivera no exilio desde 1986, regresou como candidato independente e foi elixido presidente. Trovoada foi reelixido na segunda elección presidencial multipartidista de San Tomé en 1996. O Partido da Converxencia Democrática (PCD) derrubou ao MLSTP para tomar a maioría dos escanos na Asemblea Nacional, co MLSTP converténdose nunha minoría importante e vocal. Eleccións municipais seguiron en 1992, nas que o MLSTP volveu gañar unha maioría de escanos en cinco dos sete concellos rexionais.
Nas primeiras eleccións lexislativas en outubro de 1994, o MLSTP gañou unha maioría de escanos na Asemblea. Reconquistou unha maioría cabal de asentos nas eleccións de novembro de 1998.
Século XXI Nas eleccións presidenciais de 2001, o candidato apoiado polo partido Acción Democrática Independente, Fradique de Menezes, foi elixido na primeira volta e tomou posesión o 3 de setembro. Despois, en marzo de 2002, celebráronse unhas eleccións parlamentarias que levaron a un goberno de coalición despois de que ningún partido lograse unha maioría de escanos. Durante os seguintes catro anos, formouse unha serie de gobernos de curta duración liderados pola oposición.
En xullo de 2003, o exército tomou o poder durante unha semana, queixándose de corrupción e de que os ingresos petrolíferos futuros non se dividirían de forma xusta. O intento de golpe de estado por uns membros dos militares e a Fronte Demócrata Cristiá (maiormente representantes dos ex voluntarios santomenses do exército surafricano da era do apartheid) en xullo de 2003 foi revertido por mediación internacional, e estadounidense, sen vertedura de sangue. Negociouse un acordo polo cal o presidente de Menezes volveu ao cargo. En setembro de 2004, o presidente Menezes despediu o primeiro ministro e nomeou un novo gabinete, o cal foi aceptado polo partido maioritario. En marzo de 2006, rematou o período de cohabitación, cando unha coalición propresidencial gañou escanos suficientes nas eleccións á Asemblea Nacional para formar un novo goberno.Gerhard Seibert (2006), Comrades, Clients and Cousins: Colonialism, Socialism and Democratization in São Tomé and Príncipe, Leiden: Brill.
Nas eleccións presidenciais do 30 de xullo de 2006, Fradique de Menezes gañou facilmente un segundo mandato de cinco anos, derrotando a outros dous candidatos, Patrice Trovoada (fillo do expresidente Miguel Trovoada) e o independente Nilo Guimarães. As eleccións locais, as primeiras desde 1992, tiveron lugar o 27 de agosto de 2006 e estiveron dominadas polos membros da coalición gobernante. O 12 de febreiro de 2009, intentouse un golpe de estado para derrocar o presidente Fradique de Menezes. Os conspiradores foron encarcerados, pero máis tarde recibiron un indulto do presidente de Menezes.Sao Tome president pardons coup plotter. Orange Botswana Portal. 7 de xaneiro de 2010.
Evaristo Carvalho converteuse no presidente de Santo Tomé e Príncipe nas eleccións de 2016, despois de vencer ao presidente en funcións Manuel Pinto da Costa. O presidente Carvalho é tamén vicepresidente do partido Acción Democrática Independente (ADI). Patrice Emery Trovoada converteuse en primeiro ministro en 2014, tamén é o líder do partido Acción Democrática Independente (ADI). En decembro de 2018, Jorge Bom Jesus, o líder do Movemento da Liberdade Social e do Movimento Social Democráta (MLSTP-PSD), xurou como novo primeiro ministro.
En setembro de 2021, o candidato da oposición de centrodereita Acción Democrática Independente (ADI), Carlos Vila Nova, gañou as eleccións eleccións presidenciais. thumb|center|550px|Unha vista de Praia Inhame, Distrito de Caué, São Tomé.
En setembro de 2022, a opositora Acción Democrática Independente (ADI), liderada polo ex primeiro ministro Patrice Trovoada, gañou as as eleccións fronte ao partido gobernante Movemento para a Liberación de São Tomé e Príncipe/Partido Socialdemócrata (MLSTP/PSD) do primeiro ministro Jorge Bom Jesus. En novembro do mesmo ano, o goberno e os militares frustraron o un intento de golpe de estado,, despois de que Patrice Trovoada fose nomeado primeiro ministro de Santo Tomé e Príncipe por Carlos Vila Nova. Ilza Amado Vaz exerceu brevemente como sucesora de Trovoada desde o 9 de xaneiro de 2025 ata o nomeamento de Américo Ramos o 12 de xaneiro.
Goberno e política
San Tomé e Príncipe funciona baixo un sistema multipartidario desde 1990. O presidente da República é electo por voto secreto, universal e directo por un período de 5 anos. O presidente pode ser reelixido ata o termo de dous períodos consecutivos. O primeiro ministro é nomeado polo presidente, e os catorce membros do gabinete son elixidos polo primeiro ministro.
A Asemblea Nacional, o órgano supremo do Estado e o máis alto corpo lexislativo, está composto por 55 membros, os cales son electos por un período de 4 anos.
A Xustiza é administrada pola Corte Suprema. O poder xudicial é independente, segundo o que establece a actual Constitución.
San Tomé posúe un bo nivel no que respecta a Dereitos Humanos, incluíndo a liberdade de expresión e de prensa, do mesmo xeito que a de formar partidos de oposición.
Organización político-administrativa
dereita|180px
O país está dividido en dúas provincias: San Tomé e Príncipe (esta última con autogoberno desde o 29 de abril de 1995).
Á súa vez está dividido en sete distritos, seis en San Tomé e un en Príncipe: Água Grande (San Tomé) Cantagalo (Santana) Caué (São João dos Angolares) Lembá (Neves) Lobata (Guadalupe) Mé-Zóchi (Trindade) Pagué (San António)
Xeografía
miniatura|250px|Mapa de San Tomé e Príncipe
As illas de San Tomé e Príncipe, situadas sobre o Atlántico ecuatorial, a 300 km e 250 km respectivamente da costa noroeste de Gabón, constitúen o país máis pequeno de África. As illas forman parte dunha cadea montañosa de volcáns extintos que inclúen tamén as illas de Annobón ao suroeste e de Bioko ao nordés, que pertencen a Guinea Ecuatorial, e o Monte Camerún na costa oeste de África.
A illa de San Tomé ten un tamaño de 50 km de longo e 32 km de ancho e é a máis montañosa das illas. A súa máxima altura é de 2.024 m e nela vive a maior cantidade de poboación e atópase a capital do país, a cidade de San Tomé.
A illa do Príncipe ten un tamaño de 16 km de longo e 6 km de ancho, e é a segunda en tamaño. Tamén existen varios illotes deshabitados de menor tamaño, que forman parte do país: Illote das Rolas, Illote das Cabras, Illote Bombón, Illote Carozo, Tinhosa Grande e Tinhosa Pequena.
Ecoloxicamente, ambas as illas forman parte da ecorrexión denominada selva de terras baixas de San Tomé, Príncipe e Annobón.
Economía