A illa Apolima é a máis pequena das catro illas habitadas de Samoa. Posúe menos dun quilómetro cadrado de superficie. Está situado no estreito de Apolima entre Upolu e Savai'i e está a 2,4 quilómetros ó noroeste de Upolu e da minúscula illa de Nuulopa. É parte do distrito de Aiga-i-le-Tai, como as outras illas no estreito de Apolima. A illa é de orixe volcánica, cun cráter extinto que alcanza unha altura de 165 metros. A poboación é 88 persoas (censo de 2001), todos en Apolima-Uta, a única aldea, que está situada no extremo norte. A 400 metros ao norte hai unha pequena illa despoboada e sen nome de 1400 metros cadrados de superficie.

Categoría:Illas do Pacífico