Alfonso Rodríguez Rodríguez, nado en Ourense en 1973, é un escritor e artista galego.

Traxectoria Como poeta editou o seu primeiro poemario Subir ao faiado no 2004, obra que se compón dunha escolma de poemas anteriormente autoeditados polo autor en distintos fanzines. Nos seguintes anos editou outros libros tanto individuais coma colectivos. En 2014 autoeditou a obra Lúa plenur que é un compendio de obra gráfica e poética; este libro componse de dous tomos e recolle colaxes e poemas de distintas épocas. A finais do 2017 a editorial brasileira Urutau publicoulle o libro Lobotomías para flores. En xuño do 2018 editou con M Editora Independencia. Libro posteriormente reapropiado pola editora Saurobuks. En xaneiro de 2020 publicou o poemario Lingua materna, en formato dixital na web expoplanetarium. Na primavera dese mesmo ano, durante o confinamento provocado pola pandemia por coronavirus de 2020 en Galicia, recitou este poemario e subiuno en formato vídeo-performace á canle Expoplanetarium da plataforma YouTube.

No ano 2021 novamente a editorial Urutau publicalle un poemario, con fotografías de Adriana Pérez. Non vivo sen vivir en min.

Anacos libro de poemas e 44 colaxes a toda cor editado na primavera de 2026 por Saurobuks é a última publicación do autor.

Foi un dos impulsores do colectivo libertario Renderén que entre os anos 2008 e 2009 editou dous monográficos de contido político.

Como artista, desde o ano 2003 comparte a páxina web expoplanetariumSitio web de Expoplanetarium. con Adriana Pérez onde expón de maneira virtual pintura, vídeo, fotografía, colaxe. Obras moitas delas que teñen sido expostas en distintos lugares, sobre todo na cidade de Ourense.

Desde o ano 2015 comparte un proxecto, de maneira puntual, de música e poesía (Wordsnoise) con Arpista Iniciado. Editaron unha casete e un bandcamp. Actualmente uniuse outro compoñente e rebautizaron o trío, para as novas actuacións, como Wind WordsNoise

Xunto con Adriana Pérez, desde o 2014, coeditou e administrou Ultragráfico, web-blog de contidos artísticos, literarios e políticos. En agosto de 2021 converteuse nunha extensa revista dixital con numerosas colaboradoras e colaboradores. Chegou ata aí o proxecto.

Forma parte do proxecto editorial Saurobuks, tamén con Adriana Pérez, no cal editou o seu primeiro fotolibro no 2017 Instalacións e outras deformidades pseudoartísticas no territorio rurbano.

2022 tamén é ano no que o autor publica de novo co proxecto editorial Saurobuks unha antoloxía visual (2001/2022) de colaxes dixitais co título de Poñerse Amoradx

Obras Poesía Subir ao faiado, 2004, Positivas. Azúcar glass, 2009, Duen de Bux. Lúa plenur (Araña estupefacta no teito branco + Paper), 2014 autoedición/Saurobuks Lobotomías para flores, 2017, Urutau editora Independencia, 2018, M Editora/Saurobuks Lingua materna, 2020, expoplanetarium.net Non vivo sen vivir en min, 2021, Urutau editora Anacos, 2026, Saurobuks

Obras colectivas (poesía) A porta verde do sétimo andar, 2007, A porta verde do sétimo andar. 18 (dezaoito), 2011, Círculo poético aberto. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Un xardín de medio lado, 17 poetas da urutaru na galiza antoloxía, Urutau editora, 2019

Fotografía e obra gráfica Instalacións e outras deformidades pseudoartísticas no territorio rurbano, 2017, Saurobuks Poñerse amoradx, 2022, Saurobuks

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. minux.expoplanetarium.net en Flickr papercinho.tumblr.com en Tumblr Saurobuks

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes