Cecily Isabel Fairfield, nada en Londres o 21 de decembro de 1892 e finada na mesma cidade o 15 de marzo de 1983, foi unha escritora e xornalista de orixe irlandesa, coñecida polo pseudónimo Rebecca West.

Traxectoria Acadou sona grazas ás súas novelas, ensaios e libros de viaxes e mais pola súa relación sentimental con H. G. Wells que durou dez anos e deu por froito un fillo, Anthony West, nado en 1914. Escribiu para os xornais The New Yorker, The New Republic, The Sunday Telegraph e The New York Herald Tribune. Tamén foi unha importante correspondente de The Bookman.

Véxase tamén Ligazóns externas Obras de Rebecca West no Proxecto Gutenberg West Society

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1983