Makinohara (牧之原市, まきのはらし, Makinohara-shi) é un concello da prefectura de Shizuoka no Xapón. Está situado na rexión de Tōkai, ao sueste da rexión de Chūbu e no centro-oeste da prefectura, na zona oeste da provincia histórica de Tōtōmi, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 111,68 km², a poboación é de 49.185 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 440 h/km².
O concello de Makinohara limita cos concellos de Omaezaki, Kikugawa, Shimada e Yoshida.
Historia A cidade de Makinohara foi fundada pola fusión de 2 concellos do distrito de Haibara (Sagara e Haibara) en 11 de outubro de 2005.
Cidades irmandadas Kelso, Estado de Washington, Estados Unidos. Matsukawa, prefectura de Nagano, Xapón.
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Makinohara .
Categoría:Prefectura de Shizuoka Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón