250px|miniatura|Xilografía de Jost Amman mostrando un gravador Baixo o concepto de técnica de impresión englóbase un conxunto de procesos de elaboración de obras de arte mediante impresión, na maioría dos casos sobre papel ou téxtil. Excepto no caso da monotipia, o proceso é capaz de producir múltiples copias dun mesmo documento ou imaxe.
Técnicas Xilografía
300px|miniatura|Xilografía de Hiroshige. A xilografía é unha técnica de impresión sobre unha prancha de madeira cortada a febra, na que se labra o texto á man cun cicel ou buril.
Gravado
250px|esquerda|miniatura|"Melancholia I", gravado de Albrecht Dürer. O gravado é unha das técnicas máis empregadas, tanto é así que ás veces se emprega como epónimo das técnicas de impresión, menciónase como as tarefas de elaboración de debuxos realizando incisións nunha "matriz", coa finalidade de aloxar nela a tinta para poder así reproducir o mesmo debuxo varias veces. A matriz acostuma ser de metal, empregándose xeralmente pranchas de Cobre ou Zinc.
Variantes Gravado a buril Gravado a punta seca Gravado á augaforte Verniz mol Gravado á augatinta Gravado a media tinta.
Litografía
200px|miniatura|A Goulue, Póster litográfico de Toulouse-Lautrec. Este técnica de impresión inventada en 1798 por Alois Senefelder emprega unha pedra calcaria previamente puída sobre a que se debuxa a imaxe en negativo a imprimir cunha materia graxa, ben sexa mediante lapis ou pincel.
Variantes litográficas A litografía offset. Trátase dunha variante que a foi descuberta no ano 1904 por Ira W. Rubel
Augaforte
miniatura|esquerda|300px|As tres cruces, augaforte de Rembrandt. O augaforte trátase dunha técnica realizada mediante pranchas ou láminas dunha aliaxe metálica, habitualmente de ferro e/ou zinc.
Posteriormente a prancha é esparexida con ácido, que corroe o metal non vernizado, facendo visíbel o motivo.
Artistas que empregaron a técnica de augaforte </div> Os artistas que empregaron esta técnica Albrecht Dürer, Rembrandt, Goya, Whistler, Jim Dine, JamesEnsor, Lucian Freud, Paul Klee, Einar Hakonarson, Edward Hopper, Horst Janssen, Käthe Kollwitz, Mauricio Lasansky, Brice Marden, Henri Matisse, Giorgio Morandi, Pablo Picasso, Peter Milton, Paula Rego
Serigrafía
250px|miniatura|Detalle dunha serigrafía. A serigrafía é un método de reprodución de documentos e imaxes sobre case todos os materiais, que consiste en transferir unha tinta a través dunha gasa.
Artistas que empregaron a serigrafía Josef Albers Chuck Close Ralston Crawford Robert Indiana Roi Lichtenstein Julian Opie Robert Rauschenberg Bridget Riley Edward Ruscha Andy Warhol
Categoría:Impresión