Shibukawa (渋川市, しぶかわし, Shibukawa-shi) é un concello da prefectura de Gunma no Xapón. Está situado ó noroeste da rexión de Kantō e no centro da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 240,42 km², a poboación é de 85.245 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 355 h/km².
O concello de Shibukawa limita cos concellos de Higashiagatsuma, Nakanojō, Takayama, Numata, Shōwa, Maebashi, Yoshioka, Shintō e Takasaki.
Cidades irmandadas Foligno, Umbría, Italia (2000).
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Shibukawa .
Categoría:Prefectura de Gunma Categoría:Concellos do Xapón