O Forte de San Francisco de Lovelhe (en portugués Forte de São Francisco de Lovelhe, tamén denominado Forte de Azevedo, ou Forte de Lovelhe), é unha fortaleza situada en Lovelhe, no concello portugués de Vila Nova de Cerveira (distrito de Viana do Castelo).

Historia A fortificación data da época da guerra da restauración portuguesa, integrante da liña defensiva que guarnecía a marxe esquerda do río Miño e o treito do litoral atlántico portugués. Iniciado en 1642, por orde do Xeneral e Mestre de Campo Francisco de Azevedo e Ataíde, formaba un conxunto coa Atalaia de Lovelhe e co castelo de Vila Nova de Cerveira, asediado en 1643. As obras rematáronse en 1663.

O forte estivo desguarnecido até mediados do século XVIII, malia que na época se consideraba que, non obstante as súas pequenas dimensións, tiña maiores potencialidades de defensa cá fortificación de Cerveira.

miniatura|esquerda|300px

Da Guerra Peninsular á actualidade En 1797 Rodrigo de Lencastre mandou reconstruír o forte, que unha década despois tería un papel importante na defensa activa da rexión fronte ás invasións das tropas napoleónicas durante a Guerra Peninsular. En 1809 unha explosión no interior do forte, provocada polo exército francés, destruíu gran parte da estrutura da casamata.

Despois deste evento, o forte de Lovelhe non volveu ser recuperado, permanecendo desde entón abandonado.

Na actualidade a Comunidade Intermunicipal do Val do Miño está a desenvolver un Plano Director das Fortalezas Transfronteirizas do Val do Miño, con vistas á valorización e divulgación das fortificacións que constitúen o sistema defensivo da fronteira luso-galega, no cal se insire o Forte de São Francisco.

Características Erguido conforme ós modelos e tipoloxías da arquitectura militar seiscentista, o forte presenta planta pentagonal, sendo composto por cinco baluartes, catro de dimensións iguais, dispostos lateralmente dous a dous, e un quinto, maior, edificado na parede da porta de armas. En cada un dos ángulos dos baluartes foron dispostas garitas circulares. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Inventario do Patrimonio Arquitectónico (DGEMN) Forte de Lovelhe (Pesquisa de Património / IGESPAR)

Categoría:Distrito de Viana do Castelo Categoría:Fortes de Portugal