miniatura|Entrada á aldea de Lourido. Lourido é un lugar situado na parroquia de Cerdedo, no concello de Cerdedo Cotobade, na provincia de Pontevedra. No ano 2024 tiña 16 habitantes (oito homes e oito mulleres). Sitúase a 452 metros de altitude.

Patrimonio A capela de Santa Catarina é do século XVIII. Nela tamén está a imaxe da Virxe dos Xuvencos, encargada polo sacerdote da parroquia para que avogase polo gando. A súa festa celébrase o segundo domingo de maio e o 15 de agosto, e adóitase levar varas e adivais para seren bendicidos. Santa Catarina celébrase o derradeiro domingo de novembro, e a súa imaxe ten a primacía no altar e na procesión dos Xuvencos. No altar tamén están a Madalena, san Francisco, o Pai Eterno e outro santiño non identificado.

Dúas son as razóns para ir a Lourido andando, a Catarina e os Xuvencos, a nosa Virxiña do ghando.

O lugar forma parte da ruta de sendeirismo Martín Sarmiento.

En 2008 rodouse na aldea parte do telefilme La bella Otero, (Jordi Frades, 2008), sobre a vida de Carolina Otero.

En agosto de 2021 os veciños recuperaron a comida de verán da aldea, celebrándoa coa festa dos Xuvencos de verán. Dende entón faise no mesmo mes anualmente. Este feito propiciou recuperar xuntanza entre veciños das vilas da contorna e os propios do lugar.

En marzo de 2025 creouse a Asociación Socio Cultural de Veciños Coto do Outeiro de Lourido.

Servizos En 2023 completouse a conexión de fibra óptica na aldea, acadando no 2024 unha cobertura de 100% da aldea de forma circular.

Entre 2023 e inicios de 2024 levouse a cabo, coa colaboración da CMVMC de Lourido e a Consellería de Medio Rural, a creación dun depósito de incendios na zona, con fondos FEDER.

Lugares e parroquias Lugares de Cerdedo

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade