Minamiawaji (南あわじ市, みなみあわじし, Minamiawaji-shi) é un concello da prefectura de Hyōgo no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kinki e ao sur da prefectura, ao sur da illa de Awaji. A súa superficie é de 229,18 km², a poboación é de 50.292 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 219 h/km².

O concello de Minamiawaji limita pola terra co concello de Sumoto (que é da prefectura de Hyōgo); e pola ponte co concello de Naruto (que é da prefectura de Tokushima).

Historia A cidade de Minamiawaji foi fundada pola fusión de 4 concellos de vilas do distrito de Mihara (Mihara, Midori, Seidan e Nandan) no ano 2005.

Véxase tamén Outros artigos Illa de Awaji Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Minamiawaji .

Categoría:Prefectura de Hyōgo Categoría:Concellos do Xapón