miniatura|left|Edificios en Dubai, destacándose o Burj Khalifa. Os Emiratos Árabes Unidos teñen unha economía aberta con elevado PIB per cápita e expresivos superavits comerciais. É a segunda máis grande do mundo árabe, despois da de Arabia Saudita.
As actividades económicas tradicionais do país son a recolla de dátiles, de perlas, a cría de camelos e a pesca. Dende os anos 1970 a explotación de petróleo e gas natural son as actividades máis importantes. Os esforzos realizados no sentido de diversificar a economía reduciron a participación do petróleo e do gas natural no Produto interior bruto a só un 25%.
Desde o descubrimento de petróleo nos Emiratos hai máis de 30 anos, o país pasou por unha profunda transformación, dunha rexión de principados empobrecidos no medio do deserto a un país moderno cun alto nivel de vida. O gasto do goberno ampliou a creación de empregos, e a expansión das infraestruturas aumentou a contribución económica do sector privado. En abril de 2004 o país asinou cos Estados Unidos un tratado de comercio e investimento e en novembro do mesmo ano concordou en comezar a negociar un acordo de libre comercio. A pesar disto, as negociacións non seguiron adiante.
A crise financeira global, reducindo o crédito internacional e os prezos dos activos afectou ao país en 2009. O goberno intentou reducir o impacto da crise aumentando os seus gastos e aumentando a liquidez do sector bancario. O Banco Central dos Emiratos e os bancos localizados en Abu Dabi recibiron a parte máis grande dos investimentos.
Notas