O Peso Mexicano é a moeda oficial de México.
Características Está dividido en 100 centavos. O símbolo utilizado para o peso é $, e o do centavo é ¢. O código ISO 4217 do peso mexicano é MXN. Debido a que o nivel de exportacións de México é moi elevado, o peso mexicano é unha das quince divisas máis cotizadas do mundo.
A institución que se encarga da emisión e o control do peso é o Banco de México (Banco de México). Circulan billetes de 1.000, 500, 200, 100, 50 e 20 pesos e moedas de 10, 5, 2 e 1 pesos e de 50, 20, 10 e 5 centavos. Tamén hai emisións especiais de moedas de 20, 50 e 100 pesos, de escasa circulación.
Historia As moedas de peso foron fabricadas dende o 11 de maio de 1535 pola Casa de Moeda de México en prata. Polo seu valor en prata, o peso foi utilizado non só á Nova España senón internacionalmente, e pódense atopar pesos á China ou ás Filipinas. O 1785, despois da independencia dos Estados Unidos, o peso converteuse na moeda de curso legal de toda a América do Norte, e foi a base do sistema do dólar americano, que non foi fabricado senón até ao 1792, e o cal utilizou o símbolo do peso, $. O peso foi aceptado como a moeda de curso legal aos Estados Unidos até ao 1857 e ao Canadá até ao 1858.
A diferenza do resto das nacións latinoamericanas, durante a maior parte do Século XX o peso mexicano foi unha divisa moi estábel, porén, despois da crise mundial do petróleo dos anos setenta e oitenta, o peso devaluouse en diversas ocasións. O 1993 introduciuse un novo sistema monetario coñecido como o Nuevo peso, "Novo peso", que substituía os "Antigos" pesos a razón de 1 novo peso por cada 1.000 antigos. Non obstante iso, o adxectivo "novo" non é utilizado dende 1996. Hoxe en día México, por medio dunha ampla política de abertura comercial, tense convertido nunha potencia exportadora, o cal ten feito que o peso sexa unha moeda moi estábel e unha das 15 moedas máis cotizadas do mundo.
Moedas que estiveron en circulación
Na derradeira serie de pesos anterior a 1992 emitíronse moedas con faciais comprendidos entre 1 centavo e 5,000 pesos. Nas distintas épocas, tanto as aliaxes como os tamaños e os valores mudaban as súas características técnicas, principalmente á inflación da década de 1970 e 1980. Estas moedas aínda poden ser trocadas polo seu equivalente en pesos actuais en 414 centros de troco dentro do país, so certas regras.
Moedas actualmente en circulación
Denominación ($) Data de inicio de circulación Metal Forma Diámetro Deseño ao anverso Deseño ao reverso Anel Centro 5 centavos 1992 a 2002 Aceiro Inoxidábel Circular 15.5 mm Escudo Nacional Estilización dos raios solares do anel dos Quincunces da Pedra do Sol. 10 centavos 1992 Aceiro Inoxidábel Circular 17 mm Escudo Nacional Estilización do anel do Sacrificio da Pedra do Sol. 20 centavos 1992 Bronce - Aluminio Dodecagonal 19.5 mm Escudo Nacional Estilización de Ácatl, (13) Décimo terceiro día da Pedra do Sol. 50 centavos 1992 Bronce - Aluminio Dodecagonal lobulada 22 mm Escudo Nacional O Anel da aceptación da Pedra do Sol 1 peso 1992 Aceiro Inoxidábel Bronce - Aluminio Circular 21 mm Escudo Nacional O Anel do resplandor da Pedra do Sol 2 pesos 1992 Aceiro Inoxidábel Bronce - Aluminio Circular 23 mm Escudo Nacional O anel dos días da Pedra do Sol 5 pesos 1992 Aceiro Inoxidábel Bronce - Aluminio Circular 25.5 mm Escudo Nacional O Anel das serpentes da Pedra do Sol 10 pesos 1992 a 1995 Bronce - Aluminio Prata Sterling1/6 Onza Circular 28 mm Escudo Nacional O círculo da Pedra do Sol 1997 Alpaca 2000 a 2001 Ano 2000 O Círculo da Pedra do Sol 20 pesos 1993 a 1995 Bronce - Aluminio Prata Sterling1/4 Onza Circular 32 mm Escudo Nacional Miguel Hidalgo y Costilla 2000 a 2001 Cuproníquel Ano 2000 Señor da Lume Octavio Paz 50 pesos 1993 a 1995 Bronce - Aluminio Prata Sterling1/2 Onza Circular 38.5 mm Escudo Nacional Nenos Heroes 100 pesos 2003 Bronce - Aluminio Prata Sterling1/2 Onza Circular 39 mm Escudo Nacional Motivos dedicados aos 32 Estados de México 2005 (80) Octoxésimo Aniversario do Banco de México (400) Cuadrinxentésimo Aniversario da 1ª Edición de O Enxeñoso Fidalgo Don Quixote da Mancha (470) Cuadrinxentésimo Septuaxésimo Aniversario da Casa de Moeda de México (100) Centésimo Aniversario da Reforma Monetaria de 1905 2006 (200) Bicentenario do Natalicio de Benito Juárez
Billetes +Serie actual ou Billetes tipo F (2006-2010) Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso20 pesosAzul120 x 66 mmBenito JuárezPirámides de Monte Albán50 pesosRosa127 x 66 mmJosé María MorelosAcueduto de Morelia100 pesosVermello e amarelo134 x 66 mmNezahualcóyotlTenochtitlán200 pesosVerde141 x 66 mmSor Juana Inés de la CruzHacienda de Panoayansmall500 pesosMarrón148 x 66 mmDiego RiveraFrida Kahlo1.000 pesosVioleta155 x 66 mmMiguel HidalgoUniversidade de Guanajuato
Billetes conmemorativos do 2010 O Banco de México puxo en circulación o 23 de setembro 50 millóns de billetes de 200 pesos conmemorativos do Bicentenario da Independencia de México, e 50 millóns de 100 pesos para celebrar o Centenario da Revolución Mexicana. Hai que sinalar que estes billetes conmemorativos non substituirán aos que actualmente están en circulación, senón que coexistirán con eles, e o Banco Central os retirará cando teñan concluído a súa vida útil.
+Billetes conmemorativos do 2010 Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso100 pesosVermello e amarelo134 x 66 mmTren que transportaba tropas revolucionariasParte do mural "Del porfirismo a la Revolución"200 pesosVerde e vermello141 x 66 mmMiguel Hidalgo co Estandarte da Virxe de GuadalupeAnxo da Independencia
Taxas de troco 1 EUR = 18,86 MXN (4 de agosto do 2009) 1 USD = 13,11 MXN (4 de agosto do 2009)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Casa da Moeda de México Liberdade (moeda) Centenario (moeda) Real de oito Real español
Categoría:Peso (moeda) Categoría:Moedas de México Categoría:ISO 4217