A declinación en alemán (Alemán: deutsche Deklination) caracteriza o idioma como unha lingua fusional, pois pronomes, substantivos, adxectivos e artigos son declinados. O Alemán conserva tres xéneros: masculino, feminino e neutro; dous números: singular e plural; e catro casos gramaticais: nominativo, acusativo, dativo e xenitivo.
Artigos Artigos determinados Os artigos determinados (Alemán: definiter Artikel, bestimmtes Geschlechtswort) equivalen ás palabras o, a, os, as, do Galego. Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo Masculino der den dem des Feminino die die der der Neutro das das dem des Plural die die den der
Artigos indeterminados Os artigos indeterminados (Alemán: indefiniter Artikel, unbestimmtes Geschlechtswort) equivalen ás palabras un e unha do Galego. Non hai plural do artigo indeterminado en Alemán. Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo Masculino ein einen einem eines Feminino eine eine einer einer Neutro ein ein einem eines
Artigos negativos O artigo negativo (Alemán nova: Nullartikel) declina da mesma forma que o artigo indeterminado, pero si que posúe plural. Equivale ás palabras ningún, ningunha, ningúns, ningunhas, do Galego. Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo Masculino kein keinen keinem keines Feminino keine keine keiner keiner Neutro kein kein keinem keines Plural keine keine keinen keiner
Pronomes Pronomes persoais Primeira persoa Os pronomes persoais da primeira persoa do singular do Alemán equivalen ás palabras galegas eu, me e min. Os do plural equivalen ás palabras galegas nós e nos. Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo Singular ich mich mir meiner Plural wir uns uns unser
Segunda persoa Os pronomes persoais da segunda persoa do sigular do Alemán equivalen ás palabras galegas ti, te, che e ti. Os do plural equivalen ás palabras galegas vós e vos. Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo Singular du dich dir deiner Plural ihr euch euch eurer
Terceira persoa Os pronomes persoais da terceira persoa do sigular do Alemán equivalen ás palabras galegas el, ela, o, a e lle. Os do plural equivalen ás palabras galegas eles, elas, os, as e lles. O reflexivo equivale ao se, si. Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo Reflexivo Masculino er ihn ihm seiner sich Feminino sie sie ihr ihrer sich Neutro es es ihm seiner sich Plural Sie sie ihnen ihrer sich
Pronomes interrogativos Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo wer wen wem wessen
Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo Masculino welcher welchen welchem welchen Feminino welche welche welcher welchen Neutro welches welches welchem welchen Plural welche welche welchen welchen
Pronomes relativos Os pronomes relativos substituen un elemento nunha oración subordinada. Declinan de acordo coa función que desempeñan na oración subordinada. En Galego, son: que, quen, o cal, a cal, os cales, as cales, cuxo, cuxos, cuxa e cuxas. Nominativo Acusativo Dativo xenitivo Masculino der den dem dessen Feminino die die der deren Neutro das das dem dessen Plural die die denen deren
Pronomes posesivos Todos os pronomes posesivos do Alemán (mein, dein, sein, ihr, unser, euer e Ihr) seguen o padigrama de inflexión de abaixo, en concordancia co substantivo seguinte: (o posesivo euer muda para eur- ao recebir desinencia) Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo Masculino - -en -em -es Feminino -e -e -er -er Neutro - - -em -es Plural -e -e -en -er
Adxectivos Os adxectivos en Alemán poden ter dúas funcións: prepositiva (como en "a praia é bela") ou atributiva (como en "a bela praia..."). Cando os adxectivos son prepositivos, non declinan. Cando son atributivos, concordan coa palabra á que se referen.
Declinación forte A declinación forte ocorre cando non hai artigo ou pronome precedendo o adjetivo. É moi semellante á declinación do artigo definido. Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo Masculino -er -en -em -en Feminino -e -e -er -er Neutro -es -es -em -en Plural -e -e -en -er
Declinación mixta A declinación mixta ocorre cando hai artigo indefinido ou pronome posesivo precedendo o adxectivo. Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo Masculino -er -en -en -en Feminino -e -e -en -en Neutro -es -es -en -en Plural -en -en -en -en
Declinación fraca A declinación fraca ocorre cando hai un artigo definido ou pronome (non posesivo) precedendo o adxectivo. Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo Masculino -e -en -en -en Feminino -e -e -en -en Neutro -e -e -en -en Plural -en -en -en -en
Casos Nominativo Cando non se pode recoñecer o acusativo, dativo ou xenitivo, vemos o nominativo. O idioma é difícil. Die Sprache ist schwierig.
Acusativo Cando o artigo podería ser trocado por un pronome oblicuo.
Eu teño a caneta. = Téñoa eu Eu dou o lapis. Ich gebe den Bleistift.
Dativo Precedido dunha preposición. Eu estou con o sofá. Ich bin mit der Couch.
Xenitivo Posesión. Os amigos do can. Die Freunde des Hundes.
Categoría:Lingua alemá Categoría:Flexión