miniatura|Vasos da orixinal Pilsner Urquell. A pilsener (tamén pilsner ou simplemente pils) é un tipo de cervexa lager pálida. Debe o seu nome a que foi elaborada no século 19 na cidade de Plzeň, actualmente na República Checa.

Orixe Até mediados da década de 1840, a maioría das cervexas de Bohemia eran de alta fermentación, escuras e turbias. O gusto e os estándares de calidade a miúdo variaban amplamente e, en 1838, incluso os consumidores baleiraron barrís enteiros para manifestar a súa insatisfacción. Os cidadáns de Pilsen decididron en 1839 fundar e construír unha cervexaría de seu, chamada Bürger Brauerei (Cervexaría dos Cidadáns)http://www.traveliana.com/de/about-czech/pilsen.htmlhttp://www.prazdroj.cz/en/about-the-company/history (hoxe Plzeňský Prazdroj), que elaboraría cervexa de acordo co estilo de Baviera. Os cervexeiros de Baviera comezaran a facer experimentos co almacenamento (lager) de cervexa en covas frías empregando lévedos de baixa fermentación, o que melloraba a claridade da cervexa, o seu aroma e a súa duración. A maioría destas investigacións beneficiáronse dos coñecementos xa expostos nun libro en lingua alemá (publicado dende 1794, en lingua checa dende 1801), escrito por František Ondřej Poupě (1753–1805), de BrnoBasařová G.: Der legendäre böhmische Brauer František Ondřej Poupě (Franz Andreas Paupie) 1753-1805. Jahrbuch 2003 Gesellschaft für die Geschichte und Bibliographie des Brauwesens E.V. (GGB), (2003) 1, 128-146..

A Bürger Brauerei contratou o cervexeiro bávaro Josef Groll (1813–1887) quen, usando novas técnicas e as novas maltes pálidas dispoñíbeis, presentou a súa pilsener o 5 de outubro de 1842. A combinación da cor pálida das novas maltes, a auga particularmente branda de Pilsen, o lúpulo de Saaz (dende 1918 Žatec) e a elaboración ao estilo bávaro produciron unha cervexa clara e dourada que foi unha sensación.

A mellora dos transportes e das comunicación implicou que en pouco tempo esta nova cervexa se espallara por toda Europa Central, e o estilo de elaboración Pilsner Brauart foi moi cedo imitado. En 1859, “Pilsner Bier” foi rexistrado como nome na Cámara do Comercio de Pilsen. En 1898, creouse a marca Pilsner Urquell para facer énfase en que esa era a cervexaría orixinal.

Pilseners modernas A invención da moderna refrixeración por Carl von Linde fixo que desaparecese da elaboración da cervexa a necesidade de empregar covas para almacenar (lager) a cervexa. Porén, até pouco máis de mediados do século XX a cervexaría Pilsner Urquell aínda fermentaba a súa cervexa en bocois abertos que se almacenaban en sotos preto das instalacións. A tecnoloxía cambiou no ano 1993, xusto no instante no que se introduciron os tanques-contedor cilíndricos, nacendo deste xeito o concepto do que se pode denominar a «moderna pilsener».

As modernas pilseners son cervexas lixeiras, claras de cor que adoitan ir dende o pale (‘pálido’) até o marelo dourado, e posúen un refinado aroma e sabor a lúpulo. As pilseners checas adoitan tender a ter un sabor máis suave, sendo bos exemplos disto Pilsner Urquell, Gambrinus e Staropramen, namentres que as cervexas alemás presentan un sabor máis amargo. Exemplos distintivos das cervexas pilseners alemás son: Flensburger, Beck's, Bitburger, Fürstenberg, Herrenhäuser, König, Krombacher, Radeberger, St Pauli Girl, Veltins, Jever e Wernesgrüner. Unha versión canadense destas cervexas é o Labatt Blue. Marcas Aurum Estrella de Levante Estrella Damm Beck’s Bitburger Budweiser Budvar Cruzcampo Dorada Escudo Báltica Flensburger Pilsener Franziskaner Pilsener Carlsberg Hasseröder Herforder Pils Holsten Pilsener HR (Galicia) Jever König Pilsener Krombacher Licher Lübzer Oettinger Pilsner Urquell Radeberger Rostocker Rothaus Tannenzäpfle Veltins Corona Extra (México) Warsteiner Wernesgrüner Staropramen Falkner Pilsen (Argentina)

Notas

Categoría:Tipos de cervexa