miniatura|250px|50 Cent en 2006 Curtis James Jackson III, nado o 6 de xullo de 1975 en Nova York, máis coñecido polo sobrenome artístico de 50 Cent é un rapeiro e actor estadounidense, que se fixo famoso polos seus álbums Get Rich or Die Tryin' (2003) e The Massacre (2005) que venderon entre os dous máis de vinte e un millóns de discos. Traxectoria Naceu en South Jamaica, Queens, non coñeceu a seu pai e súa nai morreu cando tiña oito anos, xa ós doce anos trapicheaba con droga, pero deixouno pola música. No ano 2000 diparáronlle nove veces durante un escuro incidente, mais sobreviviu. Descubriuno o rapeiro Eminem tras sacar ó mercado o álbum Guess Who's Back? en 2002, asinou contrato con Interscope Records, coa axuda de Eminem e Dr. Dre converteuse nun dos rapeiros máis vendidos do mundo. En 2003 fundou o seu propio selo discográfico, G-Unit Records, que ten en contrato a rapeiro como Young Buck, Lloyd Banks e Tony Yayo. Tamén actuou en varios filmes, como o semiautobiográfico Get Rich or Die Tryin' de 2005, ademais de Home of the Brave de 2006, Righteous Kill de 2008 ou Escape Plan de 2013
External 50 Cent Official Website 50 Cent Official Twitter 50 Cent Song Lyrics 50 Cent Official Facebook
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Queens Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades do hip hop Categoría:Rapeiros dos Estados Unidos de América