Lois Diéguez Vázquez, nado en Monforte de Lemos o 17 de abril de 1944, é un escritor e político galego.
Traxectoria dereita|miniatura|Lois Diéguez na Festa dos Libros de Pontevedra.
Foi alumno de Manuel María na súa vila natal. Estudou enxeñaría topográfica en Madrid, e exerceu esa profesión no Concello de Lugo. Militante da UPG, foi un dos fundadores e voceiro da AN-PG e deputado polo BNPG no Parlamento de Galicia (1981-1985). Foi un dos deputados nacionalistas expulsados do Parlamento de Galicia en 1982. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, traballa en seccións periódicas en distintos xornais, das propias agrupacións culturais e da súa produción literaria.
O seu poema Eu son a voz do pobo, converteuse nunha das cancións emblemáticas do grupo Voces Ceibes. Pertence ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Antón Fortes Torres e Isidro Novo.
Obra Poesía miniatura|Versos de Lois Diéguez nos xardíns de Marcos Cela, Lugo. Albre de espranza (1966). Lugo: Xistral. Canciós pra un agromar branco e azul (1968). Lugo: Xistral. O ferro dos días (1982). Lugo: Xistral. 100 páxs. ISBN 978-84-85271-28-3. Ónfalos (2001). Culleredo: Espiral Maior. 96 páxs. ISBN 9788495625298.
Narrativa A torre de Babel (1968). Vigo: Galaxia. Novela. O tempo sen saída (1972). Vigo: Editorial Castrelos. Novela. Galou Z-28 (1976). Lugo: Xistral. 166 páxs. ISBN 978-84-85271-01-6. Novela. A canción do vagamundo (1987). Santiago: Sotelo Blanco. 392 páxs. ISBN 978-8486021436. Novela. Monólogos no espello (1992). Santiago: Laiovento. 96 páxs. ISBN 9788487847202. Relatos. Tres sombras góticas e unha rosa (1995). Culleredo: Espiral Maior. 140 páxs. ISBN 9788488137593. Henriqueta na galeria (1997). Vigo: Edicións do Cumio. 136 páxs. ISBN 9788482890647. Viaxes ás terras encantadas de Lemos (1999). Vigo: A Nosa Terra. 400 páxs. ISBN 9788489976948. Narrativa de viaxes. A casa de Galiaz (2003). A Coruña: Biblos Clube de Lectores. 125 páxs. ISBN 9788460777434. O canto do Muecín (2007). Vigo: A Nosa Terra. 584 páxs. ISBN 9788483411445. A poutada do Oso (2011). Santiago: Laiovento. 304 páxs. ISBN 978-84-8487-204-7. Novela. As voces amadas (2023). Vigo: Galaxia. 462 páxs. ISBN 978-84-9151-972-0. Novela.
Literatura infanto-xuvenil Artusa (1989). Vigo: Edicións do Cumio, narrativa.
Ensaio Lugo, a cidade dos tesouros encantados (2014). Engaiolarte. Peregrinaxes, viaxando con Manuel María (2016). Libro-DVD.
Obras colectivas Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal. Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo. 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990. Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro. Novo do trinque, 1997, Bloque Nacionalista Galego. Relatos.Autores: Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Lois Diéguez, Xabier P. DoCampo, Manuel Forcadela, Bieito Iglesias, María do Carme Kruckenberg, Manuel María, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Miranda, Xosé Neira Vilas, Henrique Rabuñal, Manoel Riveiro Loureiro, Xoán Ignacio Taibo, Suso de Toro, Xulio López Valcárcel, Vítor Vaqueiro e Luísa Villalta. Manuel María, 2001, Ophiusa. Palabras con fondo: un compromiso dos escritores de Galicia coa cooperación e a solidariedade internacional, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Poemas e contos da muralla, 2001, A Nosa Terra. Longa lingua, 2002, Xerais. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney, poesía. Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais, narrativa. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María. Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, 2009, Fundación Bautista Álvarez. En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos. Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Premios Terras de Chamoso (2007-2009), 2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo. Banqueiros, 2012, Laiovento. Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Premios Premio de novela da Casa de Galicia de Bilbao en 1975 por Galou Z-28. Premio Blanco Amor en 1986 por A canción do vagamundo.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Políticos da UPG Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1944 Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia