Brixel é un grupo musical galego que interpreta temas tradicionais recollidos principalmente na zona de Monterrei, A Limia e As Frieiras.
O grupo formouse no ano 2006, con músicos que viñan participando doutros grupos coma Birimbao, Os Remudes da Paneira ou Xastreu e basea o seu repertório nun amplo traballo de recolleita realizado pola agrupación Birimbao dende os anos 80 até a actualidade.
O grupo presentouse o día 3 de xaneiro de 2008 cun concerto na casa da cultura de Verín e leva dende aquela realizado numerosas actuacións por Galicia e Portugal.
Compoñentes Ramón: clarinete e voz. Nito: acordeón. Marta: tamboril e voz. Carme: pandeireta, culleres, ferriños e voz. Natalia: pandeireta e voz. Anxos: bombo e voz. Jose: pandeireta, ferriños e voz. Victor: pandeireta e voz. Rafa: gaita.
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais formados en 2006