A axuda do goberno dos Estados Unidos é a principal fonte de recursos deste arquipélago. O país recibiu máis de 1 mil millóns de dólares entre o 1986 e o 2002. O goberno do país é a principal fonte de empregos: case 46% da poboación activa traballan para el.

A agricultura atópase concentrada en pequenas propiedades. A pequena industria concéntrase na produción de artesanías e no procesamento de atún e copra. O turismo, que é unha das principais esperanzas de mellora da renda nacional, emprega actualmente menos do 10% da poboación.

Notas

Illas Marshall Categoría:Illas Marshall