Téramo (en ou máis raramente Interamnium e Interamna) é unha cidade da rexión italiana dos Abruzos, capital da provincia de Teramo.

A cidade, de 51.507 habitantes (en 2023), está situada preto da confluencia dos ríos Vezzola e Tordino. Do mesmo xeito, trátase dunha cidade moi antiga, fundada en tempos pre-romanos.

O nome A cidade foi chamada Petrut polos fenicios, co significado de "lugar elevado rodeado de augas". Da latinización de Pertut en Praetut, volveuse logo Praetutium e Ager Praetutianus para indicar o territorio.

Os romanos chamárona Interamnia Urbs ("cidade entre dous ríos", facendo referencia ao Tordino e ao Vezzola).

Xa na época medieval, de Praetutium volveuse Aprutium, que fixo a súa primeira aparición nalgúns textos do século VI e que ata o século XII indicaba tanto a cidade como todo o territorio circunstante. De feito, é dese antigo nome da cidade de Téramo que vén tamén o nome da enteira rexión: os Abruzos. Sucesivamente o nome Interamnia volveuse Interamne, Teramne, Interamnium, Teramnium e finalmente a forma Teramum.

Non atopou éxito en cambio, a teoría segundo a cal o nome Téramo proveña de Thermae, relacionada coa ben testemuñada presenza de moitas termas en varias zonas da cidade.

Xeografía física A cidade, a 150 km de Roma, está situada na parte setentrional dos Abruzos, nunha zona de outeiros entre as ladeiras das montañas máis alta dos Montes Apeninos (o Gran Sasso d'Italia) e a costa adriática. De feito, é un dos poucos lugares nos que poden apreciarse tanto cumes nevados de 3000 metros así como as soleadas praias do Mar Adriático, ambas a tan só media hora do centro da cidade.

Téramo xorde na confluencia do río Tordino e o torrente Vezzola, que arrodean o seu centro histórico.

Clima ano 2007 Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xull Ago Set Out Nov Dec Ano Temperatura máx. media (°C) 14 14 15 20 24 28 32 30 24 17 13 13 21,2 Temperatura mín. media (°C) 5 6 7 10 14 17 21 19 14 11 6 5 11,9 Chuvias (mm) 14 26 67 25 92 62 0 30 30 30 157 90 551 Ventos (dir.-nós) SO 4,6 SO 4,3 SO 5,0 NE 4,5 ONO 5,2 NE 5,2 NE 6,7 NE 5,2 SO 5,5 O 2,9 O 3,6 -- O clima é de tipo temperado-fresco, con temperaturas que no mes máis frío (xaneiro) achéganse aos 5,5 °C e no máis cálido aos 24 °C. As precipitacións non son moi frecuentes (ao redor de 800 mm. anuais) e concentradas sobre todo no tardío outono. Durante o inverno pode ata caer neve abundante, como testemuña o recente episodio de xaneiro de 2005. Os veráns están caracterizados por días de calor máis ou menos intensa.

Historia Época prerromana: do século VIII ao século V a.C. Téramo ten unhas orixes antiquísimas. Así, o asentamento do milenio I a.C. e algunhas construcións de época itálica do século III-II a.C. foron obxecto de escavacións arqueolóxicas moi recentes. Os vestixios máis antigos refírense á periferia da cidade, no barrio de Madonna della Cona, onde foi atopada, entre outras, unha sepultura con puñal e alabarda. Segundo parece, ao desenvolvemento do antigo asentamento contribuíron os etruscos e os fenicios, que fundarían un emporio comercial.

Os pretucios Segundo o escritor romano Sexto Xulio Frontino, a antiga Perut ou Pretut (outeiro rodeado por augas) creceu en dimensións e importancia ata volverse a capital do Praetutium e conciliabulum dos pretucios.

Época romana do século V a.C. ao século V d.C. miniatura|200px|Interamnia viviu o seu mellor período baixo o emperador Adriano Na batalla de Sentino, no ano 295 a.C., os romanos derrotan á confederación itálica (samnitas, etruscos, umbros e os seus aliados galos). Con esta batalla dá comezo a terceira guerra samnita. No 290 a.C. o territorio sabino e o territorio pretucio son ocupados militarmente polas lexións mandadas polo cónsul Manio Curio Dentato. Cinco anos despois á cidade dáselle o nome latín de Interamnia Praetuttiorum (cidade entre dous ríos dos pretucios), segundo moitos simple tradución do topónimo Petrut. Xa en época augustea, Intermania é incluída na quinta rexión: o Piceno (a VI rexión era a Umbría e a IV, o Sannio). O territorio da actual provincia estaba dividido, de sur a norte, en Ager Hatrianus, Ager Praetutianus e Ager Palmense. Neste período Interamnia é: conciliabulum, lugar de reunión e de mercado; Praefectura iure dicundo; Municipium, logo da segunda guerra social e Colonia silana. Nesta época perde o estatuto de municipio pola participación de Lucio Cornelio Sila na guerra social (91-88 a.C.), e recuperarao sucesivamente por expresa vontade de Xulio César. Durante o período romano, grazas á súa gran proximidade coa capital do imperio, a cidade coñece un período moi próspero, como testemuñan os innumerables mosaicos, as ruínas do anfiteatro, do teatro e das termas. Como recordan os historiadores Tolomeo, Tito Livio e Plinio, a cidade alcanzou o seu máximo esplendor baixo o mandato de Adriano, coa construción de templos dedicados a Marte e Apolo.

Godos e bizantinos No ano 410 rexístrase unha primeira destrución de Téramo polos visigodos de Alarico I. Con todo son moi incertas as noticias relativas a estes anos: presúmese que a presenza dos godos no territorio de Intermania prolongarase ata 552-554. Logo da guerra gótica, no 553, pásase ao dominio dos bizantinos. Téramo é novamente incluída no Marquesado de Fermo, suxeito ao Exarcado grego de Rávena. A cidade está gobernada por un conde que depende do Marquesado de Fermo.

Século XII No ano 1129, trala invasión lombarda nos Abruzos, Téramo sométese aos normandos do ducado de Apulia. En 1140 Téramo entra a formar parte dos dominios de Roxerio II, primeiro rei do Reino das Dúas Sicilias. No ano 1153, Teodino, un suxeito descoñecido ata entón, fai edificar a igrexa e convento de Sant'Angelo Delle Donne, sucesivamente denominado Madonna Delle Grazie. Téramo é destruída polas armadas normandas de Roberto dei Loretillo, dese cruenta pillaxe só se salva a torre da Piazza Sant'Anna, desde entón chamada Torre Bruciata (torre queimada). En 1176 remátase a construción do Duomo de Téramo, de estilo románico.

Séculos XIII e XIV En 1268 ponse fin ao dominio dos suevos e comeza o da dinastía Angevina, coñecéndose este tempo como "período de liberdade". Durante a dinastía Angevina, Téramo coñece unha nova época de maxestade: os señores da diocese Aprutina, os bispos Rainaldo Acquaviva, Niccolò degli Arcioni (1317), Stefano da Teramo (1335) e Pietro dei Valle (1366) reconstrúen a cidade que ve o nacemento de castelos, vilas e sobre todo de grandes privilexios concedidos polos soberanos, grazas aos cales edifícanse igrexas, conventos e palacios. A cidade asume novos contornos arquitectónicos, tanto na parte vella como na nova. Téramo vólvese unha verdadeira cidade de fronteira: porta dos reinos.

Século XV miniatura|300px|"Ao parlare agi mesura" Este período está caracterizado polas loitas entre as dúas familias máis importantes da cidade (De Valle e De Melatino), o aforcamento de trece seguidores da familia De Melatino é aínda recordado nun escudo de pedra no centro da cidade, que ve representadas dúas cabezas coa lingua fóra acompañadas polo escrito "Ao parlare agi mesura" (mide as túas palabras). Nos primeiros anos do século, o tirano Antonello de Valle é asasinado e de igual forma demolido o seu fermoso castelo de Piazza Garibaldi. A lenda conta que foron as mulleres da cidade a poñer fin á absurda belixerancia entre ambas familias cunha folga dos seus afectos. Malia os conflitos internos, a cidade vive un período cultural absolutamente activo, grazas a artistas como Jacobello del Fiore e Nicolò da Guardiagrele, e relacións comerciais coa Toscana e Venecia. En xuño de 1442, o reino de Nápoles cae nas mans de Afonso V, rei de Aragón.

Séculos XVI e XVII No ano 1504, o reino de Nápoles pasa a Fernando o Católico, rei de España, que dá comezo ao dominio español nos Abruzos e no sur de Italia. Trala morte de Fernando o reino pasa a Carlos V e inmediatamente despois Teramo é vendida ao Duque de Atri por 40.000 ducados. Os teramanos rebeláronse ante esta decisión e cóntase que na noite do 17 ao 18 de novembro de 1521, as tropas do Duque que rodearan xa a cidade, espantadas pola visión da Virxe e San Berardo na defensa de Teramo retiráronse asustadas. Nace así o milagre de San Berardo, santo patrón da cidade.

En 1626 un terremoto golpea a cidade e no ano 1630 dáse conta da peste, propagada desde Milán.

Século XVIII miniatura|200px|Reino das Dúas Sicilias En 1707, despois da Guerra de Sucesión Española, a Casa de Habsburgo domina todo o Reino das Dúas Sicilias durante 27 anos. En 1744 prodúcese unha invasión alemá á cidade e o nacemento en Téramo dun movemento iluminista de varios intelectuais liderado por Melchiorre Delfico, notorio compositor, poeta e filósofo italiano. En 1798 os franceses entran en Téramo e, aínda que son inicialmente expulsados polos cidadáns, volven aos poucos días destruíndo sen piedade a cidade enteira.

Século XIX O 15 de marzo de 1806 Napoleón derrota ao rei Fernando I de Borbón e Téramo convértese nunha posesión francesa a tódolos efectos. En 1815 a cidade volve a formar parte do reino de Nápoles. En 1823 prodúcese a primeira visita á cidade do rei Fernando II das Dúas Sicilias, realizando dúas máis: en 1844 e 1847. En 1890 fúndase o laboratorio astronómico de Collurania.

Idade contemporánea miniatura|200px|Terremoto de L'Aquila, en 2009 En 1925 fúndase en Téramo a primeira sociedade psicoanalitica italiana. Nove anos despois, en 1934, complétase e estréase o novo palacio do Convitto Nazionale anexo ao Liceo-Ginnasio e a Biblioteca Melchiorre Delfico na praza que levará o nome de Dante Alighieri, fundándose en 1941 o Instituto Zoo profiláctico. O 25 de xuño de 1943 as tropas alemás chegadas a Téramo avanzan cara Bosco Martese, onde se enfrontan cos homes da resistencia teramana. O episodio é lembrado como a Battaglia di Bosco Martese. En 1972 celébrase por primeira vez a Coppa Interamnia, aínda en curso hoxe. O 30 de xuño de 1985 visita oficialmente a cidade o Papa Xoán Paulo II e 4 anos máis tarde Téramo é nomeada por Unicef "cidade aberta ao mundo". En xuño de 1991, o daquela cardeal Joseph Ratzinger lidera un histórico congreso chamado "Capitalismo e dereito social". Dous anos máis tarde, en 1993, fúndase oficialmente a Universidade de Téramo. En 1995 prodúcese a apertura do segundo túnel do Gran Sasso, dirección L'Aquila. O 15 de setembro de 2005 visita a cidade o Presidente da República italiana, Carlo Azeglio Ciampi, visitándoa o Presidente do Consello, Silvio Berlusconi, 3 anos despois. En abril de 2009, aínda que se percibiran intensos sismos na cidade, Téramo non sofre danos significativos ocasionados polo terremoto de L'Aquila.

Monumentos Teatro romano

Construído a principios do século II baixo o reinado do emperador Adriano, o teatro é a proba visible da prosperidade de Interamnia. Esta antiga ruína impresionou ao famoso poeta Gabriele D'Annunzio que escribiu: "A ruína do teatro de Interamnia atestigua a antiga maxestuosidade romana".

Anfiteatro romano Faltan as probas para demostrar que o grande anfiteatro teramano acollera o triste espectáculo do martirio dos primeiros cristiáns, aínda que sexa certo que polas dimensións era un lugar de interese cidadán. Crese que na Idade Media fora utilizado, así como o Coliseo de Roma, como alcázar ou castelo de protección da cidade. A lenda conta que unha fermosa dama española tiña o costume de matar aí aos homes que adulara e dos cales acababa de saciarse, de maneira que non puidesen revelar nada das noites de amoroso desafogo.

Mosaico do leone

Achado en 1891, trátase posiblemente do emblema mesmo da historia arqueolóxica teramana. Descuberto durante as obras do gran Palazzo Savini o mosaico sufriu séculos de humidade, pero grazas a unha grande obra de restauración hoxe podemos afirmar que é unha das obras máis representativas da arqueoloxía cidadá.