O Reino das Dúas Sicilias (en italiano Regno delle Due Sicilie) é un antigo estado de Italia meridional, creado en 1816 e anexionado polo Reino de Italia en 1861. Comprendía os territorios de Nápoles e Sicilia, cunha extensión aproximada duns 95.000 km2. Foi gobernada por unha póla da Casa de Borbón española, descendente de Carlos III de España, o tamén rei de Nápoles e de Sicilia coma Carlos VII.

Dúas Sicilias estaba formada polos antigos reinos de Sicilia e Nápoles, ligados á Coroa de Aragón desde os séculos XIII e XV, respectivamente. Co desmembramento da Monarquía Hispánica no Tratado de Utrecht (1713), Nápoles e Sicilia pasaron a dominio austríaco, pero case inmediatamente os españois trataron de recuperalos (Guerra da Cuádrupla Alianza). Aproveitando a Guerra de Sucesión Polaca, en 1734, Carlos de Borbón, daquela Duque de Toscana, derrotou os austríacos coas tropas de seu pai Filipe V de España, e recuperou estes reinos para a súa dinastía, aínda que se unirían aos dominios do rei de España. Carlos foi recoñecido de inmediato por Francia en virtude do Primeiro Pacto de Familia. En 1737 faríano os Estados Pontificios e, deseguido, o resto dos Estados italianos.

Á morte de seu irmán Fernando VI de España, Carlos cedeu o trono de Nápoles-Sicilia ao seu fillo Fernando (IV de Nápoles e III de Sicilia) en 1759 para poder cinguir a coroa española. Fernando IV de Nápoles, tralo periplo xerado coa Revolución Francesa e as guerras napoleónicas, regresou ao trono napolitano e cambiou a denominación Nápoles-Sicilia por Reino das Dúas Sicilias en 1816. Desde entón foi coñecido coma Fernando I do Reino das Dúas Sicilias. O seu neto, Francisco II, en 1860 perdeu o Reino, conquistado por Garibaldi trala denominada expedición dos mil. Con esta conquista, o Reino das Dúas Sicilias deixou de existir como estado independente.

Orixe do nome miniatura|Mapa do Reino das Dúas Sicilias. A orixe do nome Dúas Sicilias remóntase á chegada a Italia de Carlos I de Anjou, quen recibiu do papa Clemente IV o título de «Utriusque Siciliae Rex» (Rei das Dúas Sicilias).Il portale del sud Logo da revolta das Vésperas sicilianas, ocorrida no ano 1282, o reino foi dividido en dúas partes: a illa siciliana quedou dominada polos aragoneses e a parte continental polos Anjou. Ambos os reis arrogáronse o título de Rei de Sicilia. De aquí naceron as denominacións «Regno di Sicilia al di qua del faro» (Reino de Sicilia deste lado do faro) e «Regno di Sicilia al di là del faro» (Reino de Sicilia do outro lado do faro), en referencia ao Faro de Messina. No Congreso de Viena de 1816, oficializouse a unión do Reino de Sicilia e do Reino de Nápoles. Fernando I utilizou o nome de Dúas Sicilias para denominar o novo reino.

División Administrativa As dúas principais divisións administrativas eran a parte continental do reino, Reali Dominii al di qua del Faro (Reais Dominios a este lado do Faro) e Sicilia Reali Dominii al di là del Faro (Reais Dominios ao outro lado do Faro).

A parte continental do reino, os Reais Dominios a este lado do Faro, estaba dividida en 13 provincias: Terra di Lavoro, Principado de Citra, Principado de Ultra (actual Campania); Calabria Citerior, Calabria Ulterior (actual Calabria); Capitanata, Terra di Bari, Terra d'Otranto (actual Puglia); Abruzzo Citerior, Abruzzo Ulterior (actual Abruzos); o condado de Molise (actual rexión de Molise) e mais a Provincia de Basilicata en Basilicata. Sicilia era considerada unha soa provincia pero á súa vez estaba dividida en tres: o Val Demone, o Val di Noto e o Val di Mazara.

  Peninsular Capital 1 20px Abruzzo Ultra L'Aquila 2 20px Abruzzo Citra Chieti 3 20px Terra di Lavoro Nápoles 4 20px Contado di Molise Campobasso 5 20px Principato Ultra Benevento 6 20px Principato Citra Salerno 7 20px Capitanata Foggia 8 20px Basilicata Potenza 9 20px Terra di Bari Bari 10 20px Terra di Otranto Lecce 11 20px Calabria Citra Cosenza 12 20px Calabria Ultra Catanzaro  350px|Provincias do Reino Insular Capital 13 Sicilia Palermo

Historia Os Borbóns en Nápoles

miniatura|Estatua de Carlos III na fachada do Palacio Real de Nápoles. O 10 de maio de 1734, durante a Guerra de Sucesión Polaca, Carlos III de España, pertencente á Casa de Borbón, entrou en Nápoles e coroouse rei de Sicilia un ano despois. Deste modo, conquistou todo o sur de Italia que estaba nas mans de Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico. No ano 1737, a paz de Viena puxo fin á contenda e o Reino de Nápoles conseguiu a autonomía de España. A pesar do tratado, continuaron as hostilidades. En agosto de 1744, o exército de Carlos III venceu na Batalla de Velletri os austríacos que querían reconquistar o reino.

En 1759 Carlos III abdicou en favor de seu fillo, o futuro Fernando IV de Nápoles, e regresou a España para ser coroado rei, pois o seu medio irmán, Fernando VI, morrera sen descendencia e el era o seguinte na liña de sucesión.

No ámbito civil, a situación económica e social de Nápoles a comezos do século XVIII era desastrosa, polo que Carlos III realizou un proceso de reformas de carácter ilustrado. As primeiras reformas do seu reinado baseábanse na loita contra os privilexios eclesiásticos: en 1741 cun concordato reducíronse o dereito de asilo e outras inmunidades, e os bens da Igrexa foron subordinados á fiscalidade.

Carlos III gobernou Nápoles durante máis de medio século, notándose no reino unha gran alza na produción agropecuaria e no comercio. En 1755 foi instituída na Universidade de Nápoles a primeira cátedra de Economía e de Astronomía do mundo.

Ademais o rei trasladou a residencia real a Caserta onde construíu o Palacio Real de Caserta, actualmente Patrimonio da Humanidade. Tamén construíu o palacio de Portici, o museo de Capodimonte, a Capela de San Severo o Teatro San Carlo, o máis antigo teatro de ópera activo no mundo e tamén Patrimonio da Humanidade. Fixo construír un albergue para os pobres e comezou as escavacións en Pompeia e Herculano.

Fernando IV e o período napoleónico miniatura|Fachada norte do Palacio Real de Caserta e passeggio monumental do parque, ambos froito do xenial deseño de Vanvitelli. A figura dominante do palacio queda engrandecida grazas á perspectiva escénica que lle outorgan os graduados xardíns. miniatura|María Carolina e Fernando I, Rei das Dúas Sicilias, cos seus fillos cando eran nenos, pintura de Angélica Kauffmann. miniatura|180px|O cardeal Fabrizio Dionigi Ruffo (San Lucido, 16 de setembro de 1744 - Nápoles, 13 de decembro de 1827). En 1759, despois da partida do rei Carlos, convertido en Rei de España, subiu ao trono Fernando IV de Nápoles con só 8 anos de idade. Os principais rexentes do neno foron Domenico Cattaneo, príncipe de San Nicandro, e o marqués Bernardo Tanucci.

En 1768 Fernando IV casou con María Carolina de Austria, filla da emperatriz María Tareixa I de Austria e irmá de María Antonieta, raíña de Francia. Mentres Fernando IV se preocupou só das relacións coa Igrexa e da construción de obras públicas, coma a Academia de Arquitectura de Nápoles ou a Casa Vanvitelliana, a nova raíña participou activamente no goberno do reino.

Nos primeiros anos de goberno, María Carolina mostrouse tolerante cos movementos republicanos. Porén, tras a caída de Lois XVI durante a Revolución Francesa, uniuse á Primeira Coalición que formaron varios estados europeos contra Francia, instituíndo severas persecucións contra todos os sospeitosos de simpatizar coa causa revolucionaria francesa.

En 1796 Napoleón Bonaparte invadiu Italia e venceu con facilidade as tropas austríacas e os febles gobernos locais. En 1798 os franceses ocuparon Roma e os xacobinos crearon a República Romana. Fernando IV de Nápoles enviou un exército para frear os franceses. Nun primeiro momento o xeneral napoleónico Championnet retirouse de Roma, permitindo que o Rei Fernando IV entrase triunfalmente. Pero despois Championnet contraatacou e o exército napolitano non foi quen de resistir e retirouse cara a Nápoles, entregando aos franceses todas as fortalezas dos territorios setentrionais do Reino, incluíndo Gaeta.

O 8 de decembro de 1798, Fernando IV realizou desde L'Aquila unha proclama pola que chamaba os cidadáns a defenderen o reino. Na súa marcha cara a Nápoles, Championnet atopou unha forte resistencia de campesiños nos Abruzos e o Lacio destacando a que organizou Michele Pezza, alcumado Fra Diavolo.

Finalmente, os franceses chegaron ata as portas de Nápoles. O 22 de decembro de 1798, o rei abandonou a capital meridional para trasladarse a Sicilia. A cidade ficou practicamente indefensa, a excepción dos Lázaros. A resistencia foi eficaz, segundo recoñeceu o propio xeneral Championnet, pero inútil. Os defensores foron bombardeados polos mesmos napolitanos xacobinos que finalmente lograron tomar o Castel Sant'Elmo. Esta contenda, próxima a unha guerra civil, custou a vida de 8.000 napolitanos e 1.000 franceses.

O 22 de xaneiro de 1799, un grupo de napolitanos xacobinos entre os que estaban Mario Pagano, Domenico Cirillo, Nicola Fasulo, Carlo Lauberg e Giuseppe Logoteta, proclamaron no Castel Sant'Elmo a República Partenopea. Este novo estado caracterizouse por estar controlado polos franceses e non ter apoio popular. A república non tivo éxito nas provincias, porque a xente quería a Fernando e reclamaba a monarquía. A finais de xaneiro, o cardeal Fabrizio Ruffo viaxou a Palermo para presentar ao rei Fernando un proxecto de reconquista do Reino de Nápoles. Aceptado o plan, o cardeal volveu a Nápoles onde contou co apoio dos napolitanos. Miles de homes preparáronse para loitar contra os xacobinos en defensa dos Borbóns. Ruffo creou o Exército Católico Real, e o 13 de xuño de 1799, Fernando IV restaurou a monarquía borbónica.

Despois da vitoria en Austerlitz o 2 de decembro de 1805, Napoleón entrou en Italia e dominou definitivamente Nápoles, declarando a fin da dinastía Borbón e nomeando rei ao seu irmán Xosé Bonaparte. Fernando volveu escapar a Sicilia e realizou un protectorado con Gran Bretaña. En 1808, Napoleón conseguiu a abdicación dos últimos Borbóns reinantes en Europa: Carlos IV e Fernando VII de España. Xosé Bonaparte marchou a España para reinar e sucedeuno en Nápoles Joachim Murat, que gobernou ata maio de 1815.

O congreso de Viena e o Reino miniatura|280px|El Congreso de Viena, por Jean-Baptiste Isabey, 1819. Tras 20 anos de guerras entre a Francia napoleónica e o resto das nacións europeas, o congreso de Viena, iniciado en 1814 e terminado en 1815, baseou a reorganización do vello continente no principio de lexitimidade polo que se devolvían as terras aos seus antigos monarcas. En Italia esta política aplicouse con moita elasticidade: a República de Xénova foi agregada, contra a súa vontade, ao Reino de Piemonte-Sardeña para formar un estado máis forte que frease os franceses. A República de Venecia non foi restaurada; malia ter contribuído á derrota de Napoleón, o reino meridional non só non obtivo os pretendidos señoríos papais de Benevento e Pontecorvo senón que perdeu o estratéxico enclave mediterráneo da illa de Malta en favor de Inglaterra.

O rei Fernando pagou un caro prezo por recuperar o seu reino: renunciou a Malta o que tamén implicaba unha redución do 10% sobre os dereitos aduaneiros de importación dos seus produtos.

Tamén o Rei napolitano debeu asinar o 12 de xuño de 1815 un tratado secreto con Austria polo que se comprometía a non cambiar as institucións políticas do Reino e outorgarlle 25.000 homes (que se reduciron a 13.000 o 4 de febreiro de 1819) en caso de guerra.

Consonte co que decidiu o congreso de Viena, Fernando emitiu un decreto polo que unificaba os reinos de Nápoles e Sicilia no Reino das Dúas Sicilias. Entre o 8 e o 11 de decembro de 1816, a constitución siciliana de 1812 foi substituída polos novos institutos parlamentarios independentes. O Reino de Sicilia deixou de existir e foi incorporado ao recentemente nado Reino das Dúas Sicilias: o rei asumiu así o título de Fernando I Rei do Reino das Dúas Sicilias.