A Volta a Galicia foi unha carreira ciclista por etapas de nivel profesional, clásica do calendario español, que percorría as estradas de Galicia. Comezou a disputarse en 1933, sendo Salvador Cardona o seu primeiro gañador. Até 1955 tivo unha existencia irregular. En 1984 e 1985 celebrouse en xullo, entre 1987 e 1999 en agosto, e no 2000 en setembro. No seu tempo contou con gañadores tan salientables como Miguel Indurain, Julián Berrendero, Delio Rodríguez, Andrew Hampsten ou Abraham Olano. O corredor con máis vitorias é o ponteareán Emilio Rodríguez, con tres.

Outros ilustres participantes na carreira foron Lance Armstrong (gañador dunha etapa na edición de 1992), Claudio Chiappucci (segundo da clasificación xeral en 1994), Pedro DelgadoVídeo en Youtube da etapa raíña da edición de 1993 con remate en Cabeza de Manzaneda , Paolo Bettini (gañador dunha etapa na edición de 1999), Laurent Jalabert (terceiro da clasificación xeral en 1996), Gianni Bugno (gañador dunha etapa na edición de 1993) etc.

A proba desapareceu no calendario do ciclismo profesional trala edición do ano 2000, pero a Volta a Galicia renaceu en 2002 para ciclistas afeccionados, cun formato de 5 etapas que logo foi reducido a 3, disputándose sempre no mes de setembro.

Xerseis No caso da Volta a Galicia, estes son os xerseis que distinguen ós líderes das distintas clasificacións: 30px Xersei amarelo: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos. 30px Xersei verde: vestido polo líder da clasificación de escaladores. 30px Xersei vermello: vestido polo líder da clasificación das metas volantes. 30px Xersei branco: vestido polo líder da clasificación dos xoves. 30px Xersei azul: vestido polo primeiro galego da clasificación xeral.

Palmarés miniatura|dereita|Miguel Indurain, gañador en 1995, durante o XXI Criterium Ciutat de L'Hospitalet.

miniatura|dereita|Andrew Hampsten, gañador en 1993, no Tour de France 1993.

Podios da Volta a GaliciaEdiciónsPRIMEIROSegundoTerceiro 2015 Aitor González Jorge Martín Montenegro Pedro Merino 2014 Aitor González 2013 Pedro Gregori Martínez Federico José Figueiredo Oliveira José Antonio de Segovia Botella 2012 Luís Afonso David Francisco Delgado Miguel Gómez Crespo 2011 José Belda Mira Héctor González Baeza Moisés Dueñas Nevado 2010 Raúl García de Mateos Sergio Escobar Roure Rafael Rodríguez Segarra 2009 Enrique Salgueiro Alonso Carlos Oyarzun Guíñez Gustavo Rodríguez Iglesias 2008 Óscar García-Casarrubios Vitor-Bruno Martins Carvalho Dmitri Puzanov 2007 Óscar Laguna García (2) Eduardo González Pascual Carlos Oyarzun Guíñez 2006 Óscar Laguna García Gonzalo Rabuñal Ríos Alejandro Paleo Mosquera 2005 Manuel Jesús Jiménez Alberto Fernández Sainz Eder Salas Zorrozua 2004 Luis Fernández Jorge Nogaledo García Sergio Domínguez Rodríguez 2003 José Adrián Bonilla José Ruiz Sánchez Francisco Morales Pando 2002 Fernando Torres Aitor Pérez Arrieta José Mario Box Quinto 2001 Non se disputou - - 2000 Andrei Teteriouk David Etxebarría Juan Miguel Mercado 1999 Marcos Serrano Andrei Teteriouk Abraham Olano 1998 Frank Vandenbroucke Abraham Olano Marcos Serrano 1997 Aitor Garmendia Gianluca Bortolami Armand De Las Cuevas 1996 Abraham Olano Andrei Tchmil Laurent Jalabert 1995 Miguel Indurain Maarten Den Bakker Manuel Fernández Ginés 1994 Laudelino Cubino Claudio Chiappucci Stefano Della Santa 1993 Andrew Hampsten Stefano Della Santa Álvaro Mejía 1992 Fabian Jeker Federico Echave Oliverio Rincón 1991 Álvaro Mejía Piotr Ugrumov Fabian Fuchs 1990 Federico Echave Laudelino Cubino Johan Bruyneel 1989 Vicente Ridaura Federico Echave Iñaki Gastón 1988 Marino Lejarreta Álvaro Pino Miguel Indurain 1987 Jokin Mújika Iñaki Gastón Vicente Belda 1986 Non se disputou - - 1985 Jesús Blanco Villar Vicente Belda Raimund Dietzen 1984 Vicente Belda José Recio Jokin Mújika 1956-1983 Non se disputou - - 1955 Emilio Rodríguez (3) Carmelo Morales René Marigil 1948-1954 Non se disputou - - 1947 Emilio Rodríguez (2) Manuel Rodríguez Delio Rodríguez 1946 Emilio Rodríguez Pastor Rodríguez Luis Sánchez Huergo 1945 Delio Rodríguez Emilio Rodríguez Julián Berrendero 1936-1944 Non se disputou - - 1935 Julián Berrendero Fermín Trueba Mariano Gascón 1934 Non se disputou - - 1933 Salvador Cardona Eusebio Bastida Federico Ezquerra

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Toda a historia da Volta a Galicia ó detalle en siteducyclisme Palmarés da Volta a Galícia en Mémoire du cyclisme . Volta a Galicia na web da Federación Galega de Ciclismo

Categoría:Competicións de ciclismo de Galicia