Javier Manjarín Pereda, nado en Xixón o 31 de decembro de 1969, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria Manjarín incorporouse aos 15 anos á Escola de Mareo do Real Sporting de Gijón procedente do Inmaculada, onde destacou desde os seus inicios como futbolista. Pasadas as súas etapas no fútbol base, foi incluído no persoal do Sporting B cando o segundo equipo xogaba en Terceira División. Neste equipo coincidiu con xogadores que logo alcanzarían gran fama, como Juanele e Luis Enrique. Debutou co primeiro equipo do Sporting, en Primeira División, o 8 de outubro de 1989, nun partido fronte ao Athletic Club disputado en El Molinón (0–1), participando en 29 partidos durante esa tempada.

Ao ano seguinte foi titular xogando como dianteiro ás ordes de Ciriaco Cano e clasificando ao Sporting para a Copa da UEFA.

En 1993 fichou polo Deportivo da Coruña, onde permaneceu até 1999, ano no que realizou o seu traspaso ao Real Racing Club de Santander. Tras dúas tempadas no Racing, onde disputou 61 partidos, foise xogar á Primeira División de México, primeiro no Atlético Celaya e posteriormente no Santos Laguna.

Na tempada 2004–05 fichou polo Atlético Arteixo, acabado de ascender a Segunda División B. Xogou 15 partidos sen lograr ningún gol.

Selección nacional Formou parte da selección española sub-21 que conseguiu o ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.

Tralo éxito na selección olímpica, debutou como internacional absoluto coa Selección de fútbol de España o 6 de setembro de 1995 en Granada, ante a Chipre. Foi internacional en 13 partidos, disputando a Eurocopa de fútbol 1996.

Palmarés Club Deportivo Copa do Rei: 1994–95 Supercopa de España: 1995

Selección Xogos Olímpicos: Medalla de ouro 1992

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbol.sportec.es

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Atlético Celaya Categoría:Xogadores do Santos Laguna Categoría:Xogadores do Atlético Arteixo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por España Categoría:Futbolistas olímpicos de España Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol