miniatura|Escultura en Baiona, feita por Antonio León Ortega en 1977, copia dunha feita por Antonio Pinto Soldán para a Exposición Iberoamericana de Sevilla de 1929, trasladada en 1945 a Palos de la Frontera. Martín Alonso Pinzón, nado en Palos de la Frontera, provincia de Huelva, en 1441 e finado no mesmo lugar o 31 de marzo de 1493, foi un navegante e explorador español, codescubridor de América.
Traxectoria miniatura|esquerda|Placa conmemorativa. Navegou xunto con Cristovo Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo, en 1492, como capitán da Pinta. Martín Alonso naceu no seo dunha familia acomodada de mariñeiros. Era o maior dos irmáns Pinzón e arrendatario das carabelas La Niña e La Pinta. Os seus irmáns Vicente Yáñez Pinzón e Francisco Martín Pinzón foron na primeira viaxe colombiana en calidade de capitán e mestre da Niña, respectivamente.
Véxase tamén
Ligazóns externas Historia da Navegación: Martín Alonso Pinzón Biografía
Categoría:Exploradores Categoría:Nados en 1441 Categoría:Finados en 1493 Categoría:Nados en Palos de la Frontera Categoría:Descubrimento das Américas Categoría:Finados por sífilis Categoría:Navegantes