Southampton é a maior cidade portuaria da costa sur da Inglaterra. É a cidade máis próxima a New Forest e está entre Portsmouth e Bournemouth. Era unha localidade pertencente a Hampshire que pasou á condición de cidade na reorganización do goberno local do 1 de abril de 1997. Isto fixo a Southampton unha unidade administrativa, que engloba algúns distritos como Eastleigh, Portswood, Bitterne, Woolston e Millbrook.

Foi unha das moitas cidades británicas severamente bombardeadas durante a segunda guerra mundial. Por esta razón, varios monumentos históricos foron destruídos, pero aínda existe a antiga muralla da cidade, así como tamén a porta de Bargate, a maior entrada á cidade antiga no extremo norte da muralla. Southampton ten a segunda muralla da Idade Media máis longa que aínda se conserva de Inglaterra. A porta de Bargate é habitualmente usada como símbolo da cidade, sendo a súa imaxe o logotipo do goberno municipal. A parte central da cidade ten moitos grandes parques.

Na cidade están as sedes da Universidade de Southampton, da Universidade Solent Southampton e do centro comercial West Quay. Tamén aquí se atopa a Axencia Nacional de Mapeamento. O xornal local é o Daily Echo.

Southampton está identificada coa historia e o desenvolvemento marítimos, sendo o seu porto lugar habitual de saída de moitos cruceiros, como sucedeu co Titanic. Tamén é un porto de carga moi importante a nivel nacional.

Cidades irmandadas 20px Le Havre, Francia (desde 1973) 20pxRems-Murr-Kreis, Alemaña (desde 1991) 20px Kalisz, Polonia 20px Hampton, Estados Unidos 20px Qingdao, China (desde 1998)

Notas

Categoría:Southampton