miniatura|200px|Arco da vella nunha fervenza. miniatura|200px|Arco da vella. Galicia. O arco da vella, arco iris ou contrasol é un efecto óptico que consiste na aparición no ceo dun arco con bandas de cores, desde o vermello até o violeta, cubrindo todo o espectro visíbel de luz, e que se produce como resultado da presenza simultánea da luz directa do sol e máis da chuvia.

A explicación deste meteoro atópase na dispersión cromática que provocan as pingas de auga condensada presentes no aire, descompoñendo os raios policromáticos procedentes do sol, e desviando o raio correspondente a cada cor cun ángulo diferente. Isto á vez débese á dependencia que exhibe o índice de refracción da auga respecto da frecuencia, longura de onda ou cor da luz, resultando en diferentes ángulos de refracción para as diferentes cores. miniatura|200px|Dispersión cromática da luz solar por unha pinga de auga (só a que dá orixe o arco primario)|esquerda

Como se pode ver no esquema seguinte, o arco da vella é unha ilusión óptica no senso de que a imaxe que resulta da descomposición espectral, fórmase na zona onde se sitúa o observador. Se un fai a proba e acode ao lugar onde semella repousar a parte vermella do arco da vella, non vai atopar luz vermella, só as pingas e a luz case aínda sen descompoñer. miniatura|200px|Formación do arco da vella|esquerda alt=Formación do arco da vella primario (interior, máis visible) e secundario (exterior, máis tenue). Ilustración de René Descartes.|miniatura|Formación do arco da vella primario (interior, máis visible) e secundario (exterior, máis tenue). Ilustración de René Descartes. Outro fenómeno asociado a este é o arco da vella secundario, que aparece a 50-53 graos respecto do primario (o habitual) e cuxa característica máis rechamante é presentar as cores na orde inversa a este. É debido á luz que sofre unha reflexión adicional antes de saír da pinga de auga (pódese ilustrar trazando os raios na pinga da figura de enriba ou nun prisma se se prefire). Só é visíbel cando o primario é moi intenso, senón a luz que sofre esta reflexión é escasa e non se percibe. miniatura|300px|centro|Arco da vella primario e secundario (nótese a inversión das cores no segundo)

Visibilidade Os arcos da vella pódense observan sempre que haxa pingas de auga no aire e a luz solar veña por atrás do observador nunha baixa altura. Os arcos da vella máis espectaculares aparecen cando a metade do ceo está aínda escuro polas nubes de chuvia e o observador está situado nun punto co ceo claro na dirección do sol, o resultado é un arco da vella luminoso que contrasta co fondo escuro. miniatura|Arco da vella lunar nas Cataratas Vitoria. Aínda que para o ollo humano as cores reflectidas nun arco da vella lunar son máis tenues, semellando abrancazadas, en fotografías de longa exposición pódense apreciar ben diferenciadas as cores O efecto do arco da vella tamén se ve frecuentemente preto de fervenzas ou fontes. Ademais, o efecto pódese crear artificialmente dispersando pingas de auga no aire nun día de calor. Os arcos da vella lunares son raros pero ás veces pódense observar en noites de lúa chea aínda que con cores máis tenues, xa que a percepción visual dos humanos para as cores é pobre con pouca luz e xa que logo os arcos da vella lunares percíbense como brancos.

O arco da vella na cultura popular galega Aparece citado na Biblia, como representación da paz que Deus mandou ós homes tralo Diluvio. Xa en Roma contaban que bebía a auga dos ríos e dos mares que logo volvía á terra en forma de chuvia, crenza que Eladio Rodríguez di que se mantiña na Galicia do século XX e que defendera o padre Sobreira. Elixio Rivas Quintas recolleu a seguinte frase de Plauto: "Mira cómo bebe esa vella encorvada", refiríndose ó arco iris.

Crese tamén que a tal vella utilizaba o arco para baixar á terra e levarse algún meniño ou unha moza, de onde vén a cantiga popular para defenderse: Arco da vella, vaite de aí, que as nenas bonitas non che son pra ti.

Finalmente, outra crenza popular relacionada co arco da vella é a existencia dun tesouro agochado alí onde o arco toca a terra.

Constantino GarcíaConstantino García: Glosario de voces galegas de hoxe. e Xesús Alonso MonteroGran Enciclopedia Galega, s. v. Arco da vella. recolleron tamén as seguintes variantes arco de vella, arco das vellas, arco de vellas e arco das bruxas. Cando o arco da vella é de maior tamaño denomínano arco das mozas ou arco das novas; e cando é dobre, o de cores máis tenues chámase arco novo. Outras variantes que recollen os mesmos autores son: arco de colores, arco de lúas, arco do ceo, arco do trono, barco da vella (ou de vellas), circo da vella, gancho da vella, marco da vella, marco das vellas, risco da vella, seña da auga, a ponte coloreada e as sete colores.

Alonso Montero insiste en que a forma arco iris non é ningún castelanismo.

Refraneiro miniatura|300px|Arco da vella,/ vaite de aí, que as nenas bonitas non son pra ti

Arco á cea, boa noite espera.Clodio González: O refraneiro do mar, 103-104. Arco á matiña, á tarde tromentiña. Arco á matiña, alista a capotiña. Arco da vella á cea, boa noite espera. Arco da vella a levante, fala ós bois para adiante. Arco da vella á mañanciña, prepara a capotiña. Arco da vella á serra, boa noite espera. Arco da vella, auga na terra. Eladio Rodríguez González, s. v. arco. Arco da vella, nin chove nin neva. <ref>Elixio Rivas Quintas: Frampas III (2001), en 'Dicionario de Dicionarios s. v. arco da vella.</ref> Arco da vella no levante, fala ós bois pra diante. Arco da vella no poñente, ceiba os bois e vente. Francisco Vázquez Saco: Cadernos de Fraseoloxía Galega 5. Arco da vella ó anoitecer, bo día ó amañecer. Arco da vella ó anoitecer, bo tempo ó amañecer.Xesús Alonso Montero: Gran Enciclopedia Galega s. v. Arco da vella. Arco da vella ó levante, anda cos bois para adiante. Arco da vella ó mediodía, chuvia pra todo o día. Arco da vella ó poñente, amarra a lancha e vente. Arco da vella ó poñente, colle as artes e vente. Arco da vella ó poñente, forza de remos e vente. Arco da vella ó poñente, antepón os bois e vente. Arco da vella ó poñente, ceiba os bois e vente.Manuel Ramiro Pallares López: Vocabulario do concello de Paradela (Lugo). Deputación Provincial de Lugo 1990. Arco da vella ó poñente, colle os bois e vente. Arco da vella ó poñente, mariñeiro ¡alerta! Arco da vella ó poñente, mariñeiro en pé. Arco de vella ó poñente, pícalle ós bois e vente. Arco da vella ó poñente, recolle os bois e vente. Pedro de Merille: Refraneiro agrícola-meteorológico. Asociación cultural Eira Vella, Betanzos 1994. Arco da vella ó poñente, saca os bois e vente. Arco da vella ó poñente, solta os bois e vente.Xosé Sesto López, 62. Arco da vella ó radiante, dálle ós bois para diante. Arco da vella ó raiante, ¡ei, boi! ¡ei!, pra adiante. Arco da vella ó raiante, afala os bois para diante. Arco da vella ó raiante, fala ós bois e vente. Arco da vella ó raínte, anda boi pra diante. Arco de vella ó poñente, pícalle ós bois e vente. Arco da vella pola mañá, auga á tarde. Arco poñente, colle o boi e vente. (UCA2:24; VS) Uxío Carré Aldao: "Refranero gallego", n'A Nosa Terra 22-51. Cando estea o arco iris ó frente, vira os bois e vente.Vázquez Saco: "Aínda novos manuscritos paremiolóxicos de Vázquez Saco", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 9, 2007. O arco da vella ó poñente, fala ós bois e vente. Ó poñente, ceiba os bois e vente.Enténdese que tal se fará se o arco da vella se pon ó poñente. Se o arco da vella se pon ó poñente, colle os bois e vente. Vicente Risco: Refraneiro galego.Emilio Álvarez Giménez: Refranero agrícola y metereológico [sic] gallego. Pontevedra 1904.

Cantigueiro Arco da vella ó raiante,/ anda, anda, boi, pra diante;/ arco da vella ó poniente/ ceiba a parexa e vente. Arco da vella,/ revolve na terra. / Col dido monín,/ que non chova por min./ Col dido polgar,/ que chova nel mar. Arco da vella,/ vaite de aí,/ que as mozas de agora/ non son para ti. Arco da vella,/ vaite de aí, que as nenas bonitas non son pra ti. Arco da vella,/ vaite de aí,/ que andan os porcos/ a fosar en ti.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía : Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada s. v. Arco da vella. (1985): Glosario de voces galegas de hoxe. Anexo 27 de Verba. Anuario Galego de Filoloxía. Universidade de Santiago de Compostela. (1987): O refraneiro do mar. Deputación de Pontevedra. (1990): Vocabulario do Concello de Paradela (Lugo). Deputación de Lugo. (1994): Refraneiro agrícola- meteorológico (ed. facsímile). Betanzos, Asociación Cultural Eira Vella. (1978): Frampas. Contribución al Diccionario Gallego. Salamanca, Ed. Ceme. (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Vigo, Ed. Galaxia. (1976): Refraneiro da muller. Vigo, Ed. Castrelos (Colección O Moucho nº 49). (2003): "Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 5.

Categoría:Óptica Categoría:Meteoroloxía