Leicester Football Club (tamén chamados Leicester Tigers) é un club profesional de rugby da cidade inglesa de Leicester, que compite na Aviva Premiership, na Heineken Cup e na Anglo-Welsh Cup. Compite como local no Welford Road Stadium.
Os Leicester Tigers son o club máis laureado do rugby inglés, e un dos máis laureados do rugby europeo e mundial. É un dos catro equipos da Premiership que nunca perdeu a categoría, sendo o 6º posto o seu peor resultado. É ademais o único equipo inglés que participou en tódalas edicións da Heineken Cup nas que competiron clubs ingleses. Así mesmo, os seus seareiros son coñecidos como uns dos máis entendidos e numerosos no continente. Os grandes rivais do club en Inglaterra son Bath Rugby, London Wasps e Northampton Saints.
Historia O club foi fundado en 1880, pero tardou moito tempo en xuntar grandes éxitos xa que en Inglaterra non houbo campionatos oficiais a nivel de clubs ata a creación da copa inglesa, competición que hoxe se chama Anglo-Welsh Cup, e que comezou a disputarse en 1971. A primeira presenza de Leicester Tigers na final foi no ano 1978, caendo derrotado fronte a Gloucester Rugby. Resarciuse daquela derrota conquistando o torneo os 3 anos seguintes.
Na tempada 1987/88 comezou a disputarse a Liga Inglesa, tomando parte nela o Leicester Tigers, que ese mesmo ano se proclamou primeiro campión de liga. 350px|miniatura|esquerda|Nova tribuna do Welford Road Stadium. Dende os comezos do século XX era tradicional que cada 26 de decembro se enfrontasen o Leicester Football Club e o Barbarian Football Club en partido amigable, pero nos anos 90 esa tradición quedou esquecida xa que se converteu en normal que se xoguen partidos da Premiership inglesa durante as datas do Nadal.
Co remate da etapa dos equipos afeccionados do rugby a mediados da década dos 90, en Europa se creou a primeira competición continental, a Heineken Cup. Os Leicester Tigers chegaron á final na súa segunda participación, na tempada 1996/97, caendo derrotados fronte ó conxunto francés de Brive por 28 a 9. A vinganza chegou na tempada 2000/01 na que Leicester Tigers se proclamou campión de Europa vencendo na final ó Stade Français por 34 a 30. Na tempada seguinte, a 2001/02, o equipo repetiu éxito na máxima competición continental derrotando na final a Munster Rugby por 15 a 9. Dende ese ano Leicester Tigers intentou reconquistar o título sen faltar a ningunha edición do campionato, chegando en outras 2 ocasións á final nas tempadas 2006/07 e 2008/09, caendo derrotado nas dúas fronte a London Wasps por 25 a 9 e Leinster Rugby por 19 a 16 respectivamente.
Estadio O mítico estadio dos Leicester Tigers é Welford Road, construído en 1892, e que foi recentemente renovado para ampliar a súa capacidade ata os 24.000 seareiros.
Palmarés Competicións nacionais Leicester Tigers é o equipo máis laureado na Premiership inglesa, con 9 títulos dende 1988, ano de creación da liga. Até o 2012, o equipo levaba disputadas 8 finais consecutivas, o que dá boa idea do potencial competitivo que ten o club nos últimos anos dentro da súa liga. CompeticiónTítulos2016151413121110 09 080706050403020100999897969594939291908988 Liga inglesa10 - 3322111422156111144212364561 CompeticiónTítulos20161514131211100908070605040302010099989796959493929190898887868584838281807978777675747372 Copa inglesa7 - C FC CF FC F F CCCF Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión. Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.
Competicións continentais CompeticiónTítulos2016151413121110 09 08070605040302010099989796 Copa de Campións Europea de Rugby 15px Copa de Europa 2 - g¼¼g¼gFgF¼½g¼CCg ¼F C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.
Tempada actual
Equipo actual 250px|miniatura|dereita|Brett Deacon gañando un saque de lateral o 1 de decembro de 2012 fronte ó Bath Rugby. LEICESTER TIGERS Xogadores do primeiro equipo Tal - Greg Bateman Tal - Leonardo Ghiraldini Tal - Harry Thacker Tal - Tom Youngs 1ªL - 'Marcos Ayerza 1ªL - Fraser Balmain 1ªL - Riccardo Brugnara 1ªL - Dan Cole 1ªL - Tiziano Pasquali 1ªL - Logovi'i Mulipola 1ªL - Michele Rizzo 1ªL - Aniseko Sio 2ªL - Sebastian de Chaves 2ªL - Dominic Barrow 2ªL - Michael Fitzgerald 2ªL - Mike Williams 2ªL - Ed Slater - 12px|Capitán 3ªL - Tom Croft 3ªL - Lachlan McCaffrey 3ªL - Brendon O'Connor 3ªL - Jordan Crane Nº8 - Opeti Fonua Nº8 - Laurence Pearce Med - Sam Harrison Med - Jono Kitto Med - Ben Youngs Ape - Freddie Burns Ape - Owen Williams Cen - Seremaia Bai Cen - George Catchpole Cen - Christian Loamanu Cen - Jack Roberts Cen - Manu Tuilagi Á - Miles Benjamin Á - Vereniki Goneva Á - Peter Betham Á - Matt Smith Á - Adam Thompstone Zag - Tommy Bell Zag - 20px Niall Morris Zag - Mathew Tait
Adestradores O primeiro adestrador dos Tiguers logo da profesionalización do rugby inglés en 1996 foi o australiano Bob Dwyer, que substituíu o inglés Chalkie White, quen dirixira ao equipo de Leicestershire entre 1968 e 1983. A continuación todos os adestradores do equipo dende o inicio da era profesional:
Adestradores dos Leicester TigersNameNacionalidadeInicioFinPvED%VitoriasPalmarésRef.Bob Dwyer19961998705211774.261997 Pilkington CupDean Richards1998200420913866566.031998–99 Premiership, 1999–00 Premiership, 2000–01 Premiership, 2000–01 Zurich Championship, 2000–01 Heineken Cup, 2001–02 Premiership, 2001–02 Heineken CupJohn Wells2004200545315968.88Pat Howard20052007754942265.332006–07 Premiership, 2006–07 Anglo Welsh CupRichard Cockerill (interino)20072007850362.50Marcelo Loffreda20072008271501255.55Heyneke Meyer2008200921131761.90Richard Cockerill2009Presente274178118564.962008–09 Premiership, 2009–10 Premiership, 2011-12 Anglo-Welsh Cup, 2012–13 Premiership
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas 30px Páxina oficial dos Tigers Facebook oficial dos Leicester Tigers Twitter oficial dos Leicester Tigers Sitio dos seareiros Fan Run Blog Podcasts dos Leicester Tigers Información e imaxes do Welford Road Stadium Os Leicester Tiguers no sitio web da Premiership
Categoría:Equipos de rugby de Inglaterra Categoría:Leicester