Agnes Emilia Carlsson, tamén coñecida simplemente coma Agnes, nada o 6 de marzo de 1988 en Vänersborg, é unha cantante pop sueca que acadou a fama tras gañar en 2005 a segunda edición do programa Idol en Suecia.
Traxectoria A partir da súa participación no programa Idol converteuse nunha das cantantes femininas suecas con máis sona e éxito de vendas, chegando a vender máis de 180 000 copias dos seus álbums no seu país natal. A mediados de 2009 converteuse na primeira concursante de Idol en saír ao mercado internacional ao lanzar os singles do seu terceiro álbum, Dance Love Pop, en 35 países. O seu primeiro sinxelo internacional, Release me, leva vendidas máis de 400 000 copias en todo o mundo.
Discografía 2005: Agnes 2006: Stronger 2008: Dance Love Pop 2012: Veritas
Categoría:Cantantes de Suecia Categoría:Nados no condado de Västra Götaland Categoría:Nados en 1988