O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 315 kmConfederación hidrográfica MIño-Sil. É tamén o río máis caudaloso, cunha conca fluvial de 12.486 quilómetros cadrados sobre os pouco máis de 29.000 de toda Galicia.
Atravesa as provincias galegas de Lugo, Ourense e Pontevedra e baña o norte do distrito portugués de Viana do Castelo ata desembocar no Océano Atlántico, entre o municipios da Guarda e Caminha.
Pasa, entre outros sitios, polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Salvaterra de Miño, Monção, Tui, Valença do Minho e Vila Nova de Cerveira.
Etimoloxía Miño ou Minho aparece documentado na antigüidade como Minius ou Mineus. Segundo Edelmiro Bascuas, é unha forma galaica de orixe paleoeuropea (seguramente celta), derivada da raíz indoeuropea *mei- 'camiñar, ir'.Cf. páx. 534 de "La Hidronimia de Galicia: tres estratos ..". http://www.mondonedoferrol.org/estudios-mindonienses/MINDONIENSES%2024%20[protegido].pdf Tamén aparece referenciado como Baenis.
Comparte etimoloxía cos polacos Minia, Mnina e Mień, co alemán Main, co irlandés Maoin, co lituano Minija e co toscano Mignone.Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
Malia parecer a orixe celta a máis acertada, outras teorías dan como étimo o latín minium (vermello, cinabrio, minio), pola semellanza co nome Minius que o pobo romanos lle daba ao río. Con todo, na Gallaecia non se atopaba este mineral.Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
Curso
Nacemento miniatura|esquerda|O Pedregal de Irimia O Miño nace no Pedregal de Irimia, na serra de Meira, no concello lugués de Meira. O pedregal é a morena dun antigo glaciar que baixaba da Serra de Meira. Este olleiro aliméntase das augas subterráneas da serra.
Durante longo tempo A Lagoa de Fomiñá foi considerada a fonto do Miño pero perdeu o seu status a favor de Irimia. A causa de que se considere a fonte orixinal do Miño reside en que constitúe o olleiro de auga subterránea máis alta (700-750 m s.n.m.) que alimenta o ríoMinisterio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, mentres que a lagoa de Fomiñá está a só 600 metrosLa laguna de Lugo a 600 metros de altitud en la que se estanca el río Miño (pero no nace)
Forman tamén a súa cabeceira regos como o Porto da Pena e o Xirómeno.
Curso alto De Pastoriza ata Lugo. Pasa polos concellos de Pastoriza, Castro de Rei, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei e Lugo miniatura|A Ponte Vella en Lugo 6 quilómetros máis abaixo acrecenta o seu caudal na lagoa de Fomiñá, na parroquia de Fomiñá, concello de Pastoriza (Lugo), posto que suma ao regato que baixa do pedregal as augas dos nacentes que hai na propia lagoa.
Baixa despois pola Terra Chá facendo lindeiro entre os concellos de Rábade e Outeiro de Rei. A súa pendente é pequena neste tramo, o que permite a creación dunha das características deste río, as insuasInformación turística, lugares de interese ecolóxico, paisaxístico e incluso económico que aparecen en distintos tramos. Todas estas illas (a Insua de Santa Mariña e a Insua Pequena) xunto coa Insua de San Roque, a de maior tamaño, e a Insua de Trabanca (ambas de acceso restrinxido), encóntranse na conca alta do río Miño e forman parte da zona núcleo da Reserva da Biosfera Terras do Miño (declarada o 07/11/2002 pola UNESCO).Descrición da ruta
Xunto cos seus afluentes Támoga e Ladra forma o Complexo Húmido da Terra Chá, un espazo flvial protexido pola Zona Especial de Conservación (ZEC) Parga‐Ladra‐Támoga, con puntos de grande interese ecolóxico como as devanditas insuas do Miño ou a Lagoa de Cospeito.Red Fluvial- Miño Tamén aparecen neste tramo as primeiras pesqueiras ou caneiros, sobre todo para pescar a anguía, e os primeiros muíños.Web de Outeiro de Rei
Este tramo remata en Lugo, o río entra no termo municipal e arrodea a cidade polo Oeste e Suroeste. Neste concello cruzan o río, por esta orde, o viaduto do estrada N-540, a Pasarela de San Lázaro (peonil), a Ponte Vella ou ponte romana e a Ponte Branca.
Todo este tramo alto constitúe a Reserva da biosfera Terras do Miño.
Curso medio Resto da provincia de Lugo e provincia de Ourense. miniatura|250px|Desembocadura do Sil (ó fondo) no Miño (á esquerda, baixo a ponte do ferrocarril)
Transcorre polos concellos lugueses de O Corgo, Guntín, O Páramo, Portomarín, Paradela, Taboada, O Saviñao, Chantada, Pantón e Carballedo.
E polos concellos ourensáns de A Peroxa, Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, Coles, Ourense, Barbadás, Toén, Punxín, Cenlle, Castrelo de Miño, Ribadavia, A Arnoia e Cortegada.
Neste tramo o río abandona a meseta da Terra Chá e entra en zona máis montañosa polo que o seu leito está encaixado en moitos lugares: en Portomarín os canóns acadan os 200 metros e chegan aos 400 en Os PearesFicha Miño.
Esta orografía permite un doado aproveitamento hidroeléctrico do río polo que presenta varios encoros: Belesar (o maior do río), Os Peares, Velle, Castrelo de Miño e A Frieira, por orde de descenso). Nos Peares recibe o seu principal afluente, o Sil, pola esquerda, e o Búbal pola dereita.
O máis salientable deste tramo é a achega do río Sil. O Miño é o río máis caudaloso de Galicia tras o seu encontro co Sil, que achega máis auga que o tramo alto do Miño. No anuario hidrolóxico da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o encoro de San Pedro no río Sil a poucos quilómetros da xuntanza co Miño, rexistra moito máis paso de auga que o encoro dos Peares, o último do río Miño antes do encontro (5492 hm3 fronte a 2762,9 hm3 de media anual).ANUARIO DE AFOROS 2011-12 CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO - SIL, saih.chminosil.es/files/informes/anuario/ANUARIO%20AFOROS%20CHMS%202011_12.pdf
Hai aquí un tema ben interesante que se pode expresar así, por que, se cando se xuntan os dous ríos o Miño é máis corto e ten menos caudal, se considera que o Sil é afluente do Miño e non ao revés? A causa reside na aplicación do Principio de Perceptoloxía segundo o cal, se dous ríos mesturan as súas augas, considérase río principal aquel que na confluencia forma un ángulo maior co curso que prosegue. O ollo percibe a continuidade dese río e percibe ó outro como afluenteOs afluentes dun río. Non noso caso, vemos que o Miño continúa mentres que o Sil cruza co primeiro.
Pouco antes de Ourense e ata algo despois de Ribadavia o río acomódase a unha fosa tectónicaFicha Miño. Testemuño disto é o seu percorrido, que se vai adaptando ao relevo da fosa e os nacentes de augas termais.
Curso baixo e desembocadura Fronteira entre a provincia de Pontevedra e Portugal.
Pasa polos concellos pontevedreses de Crecente, Arbo, As Neves, Salvaterra de Miño, Tui, Tomiño e A Guarda.
E polos concellos portugueses de Melgaço, Monção, Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha. miniatura|Desembocadura vista desde Caminha, na que se aprecian as barras que case pechan a entrada ao mar. A última parte do seu curso ten unha baixa pendente e ladeiras máis amplas, aínda que segue a presentar montañas a ambas as beiras en case todo o percorrido.
Pola escasa pendente e a lentitude do caudal, no último tramo do curso baixo o Miño forma un val fluvial cos aportes de todo o sedimento que arrastra, de grande interese acolóxico e agrícola. miniatura|O pailebote Constantino Candeira en 1918, no estaleiro de Camposancos, nel estivo embarcado Manuel Antonio en 1926 e 1927.Saa González, Ignacio (2014/11/10). Constantino Candeira. Porto de Camposancos (Río Miño). Desemboca na Guarda (Pontevedra) pola beira galega, e en Caminha (Viana do Castelo) pola beira portuguesa.
Nesta último tramo e xa case na desembocadura forma un esteiro protexido baixo a forma de Zona especial de conservación do Baixo Miño. O leito ábrese e forma unha zona rica de vida pola combinación das zonas inundables, as insuas e a auga salobre.
Non obstante, o esteiro remata, xa na desembocadura nun baixío que, a xeito de funil, provoca que o río, cando baixa a marea teña correntes moi fortes e perigosasRescatados tres tripulantes gallegos tras volcar su embarcación en la barra del Miño.
Insuas Existen 14 insuas ou illas fluviais no treito entre Portugal e Galicia. Catro delas son consideradas internacionais: Morraceira de Seixas, Morraceira de João de Sá e Varandas, máis próximas á freguesía portuguesa de Lanhelas (Caminha), e a Morraceira, máis próxima á costa galega.
Atribúense a Galicia as insuas Canosa, Morraceira do Grilo, Morraceira das Varandas, Vacariza e A Fillaboa. Esta última, con 110 000 metros cadrados, adquirida polo concello de Salvaterra de Miño a privados, porá un barco á insua en canto constrúe unha pasarela e habilita un centro de interpretación.
Son consideradas portuguesas as insuas dos Amores, Boega e Lenta, en Vila Nova de Cerveira, e as de São Pedro e Conguedo, en Valença.
Xeografía Despois de recibir o Sil, flúe cara ao suroeste. Dende o encoro de Frieira ata a desembocadura, o Miño constitúe unha fronteira natural entre Galicia e Portugal. Na comarca do Ribeiro, ás súas beiras, prodúcese o viño do mesmo nome. Fai de fronteira uns 80 km, nun val de intensa produción agrícola, con millo, patacas ou forraxe para o gando. No tramo final tamén está bordeado por viñas de albariño.
Flora e fauna Flora Na bacía alta do Miño existen diversos tipos de ecosistemas acuáticos, característicos da rexión bioclimática atlántica. Afluentes como o Parga, o Ladra e o Támoga integran un característico complexo húmido. Está formado por unha extensa rede de canles, lagoas e terreos inundados, aos que se asocian pasteiros, zonas agrícolas, bosques de ribeira, turbeiras ombotróficas, breixeiras e carballeiras. Esta grande diversidade acolle numerosas especies de aves durante o período invernal.Hidrográfica do Miño-Sil
No tramo alto abundan os bosques aluviais de amieiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus escelsior), así como carballeiras (Quercus robur e Quercus pyrenaica) e uceiras húmidas atlánticas (Erica cillaris e Erica tetralix). O tramo do baixo Miño remata nun esteiro estreito e con ínsuas, a Zona especial de conservación do Baixo Miño.
No río Miño atópase a única poboación no Estado español do nenúfar Nympoides peltata. Inclúe 18 poboacións en dúas áreas: 16 na bacía alta e 2 na baixa. Malia que esta especie está considerada como estable a nivel mundial segundo a IUCN, aparece como especie en perigo no Estado español e Galegas
Fauna O Miño é habitado por numerosos anátidos (Anas platyrhynchos, Anas clypeata), así como un pequeno núcleo de sisón (Tetrax tetrax). Como especies piscícolas atópanse poboacións de ciprínidos como o cacho (Lenciscus carditerti), a reñosa (Rutilus arcani) e a boga (Choridostona polylepis duriensis), e gasterosteidos como o espiñeiro europeo (Gasterosteus aculeatus). En todo o curso do río viven peixes como a troita (Salmo trutta) e a anguía (Anguilla anguilla), e mamíferos como o aguaneiro (Galemys pyrenaicus) e a lontra (Lutra, lutra).
O curso baixo do Miño alberga no inverno gran número de aves acuáticas, como o parrulo cristado (Aythya fuligula), a píllara dourada (Pluvialis apricaria), a píllara cincenta (Pluvialis squatarola) e a avefría (Vanellus vanellus). Conta cunha notable diversidade de peixes, entre eles o salmón, que presenta neste río o linde de distribución máis meridional de toda Europa. Tamén se dá a lamprea (Petromyzon marinus), pescada tradicionalmente nestas augas con diques de feitura peculiar, as pesqueiras. Outras especies piscícolas deste tramo son a zamborca (Alosa alosa), a sabela (Alosa fallax), a carpa vermella (Carassius auratus), a perca americana (Micropterus salmoides) e a solla (Platichthys flesus).