Fernando Martínez Perales, máis coñecido como Nando, nado en Valencia o 21 de maio de 1967, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.
Traxectoria Como xogador Formouse como xogador nas categorías inferiores do Valencia CF, xogando posteriormente no Levante UD e Valencia B. En 1987 debutou co Valencia CF en Primeira División, e permaneceu no club ché até 1992, ano no que Guus Hiddink non contou con el ao darlle minutos a Leonardo. Na tempada 1992–93 foi contratado polo Deportivo da Coruña, variando a súa posición de extremo en lateral esquerdo, conseguindo co club galego unha Copa do Rei (1994–95) e unha Supercopa (1995). A mediados da tempada 1997–98 foi traspasado ao Sevilla FC, daquela en Segunda División, co que lograría o ascenso un ano despois. Na tempada 2000–01 xogou coa SD Compostela e posteriormente xogou co Atlético Arteixo.
Selección nacional Nando foi internacional coa selección española en dúas ocasións. Debutou con derrota o 14 de setembro de 1988, nun encontro amigable contra Iugoslavia en Oviedo (1–2). O seu segundo e derradeiro partido internacional foi outro amigable contra México, nas Palmas de Gran Canaria, que rematou con empate (1–1).
Como adestrador O 29 de decembro de 2009 anunciouse a súa contratación como adestrador polo UD Somozas.
O 14 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación polo CCD Cerceda, sendo substituído o 2 de abril de 2012 por Luis Santiago."Luis Santiago, nuevo técnico del Cerceda"
En xuño de 2013 anunciouse a súa contratación polo Pontevedra CF, en substitución de Milo Abelleira."El Pontevedra anuncia a Nando como nuevo entrenador" En outubro de 2013 presentou a súa dimisión debido a diferenzas co cadro de xogadores."Nando deja el banquillo del Pontevedra"
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do Atlético Arteixo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Pontevedra CF Categoría:Adestradores da UD Somozas Categoría:Adestradores do CCD Cerceda