Gabriel Michael Pruitt, nado nos Ánxeles o 19 de abril de 1986, é un xogador de baloncesto estadounidense.

Traxectoria deportiva Universidade Xogou durante 3 tempadas cos Trojans da Universidade de Southern California, nos cales obtivo unha media de 13,8 puntos e 3,5 asistencias por partido. En 2007 conseguiu co seu equipo chegar a oitavos de final do Torneo da NCAA, caendo ante o número un, North Carolina. Pruitt anotou máis de 10 puntos nos catro partidos disputados no torneo.

Estatísticas Estas son as súas estatísticas completas do seu paso por USC:

Tempada P TC% 3P% TL% Reb. RPP Asis Tap Roub Pts PPP 2006-2007 26 41.6 35.0 80.0 73 2.8 4.3 0.3 1.8 324 12.5 2005-2006 25 40.5 38.0 80.3 101 4.0 3.1 0.3 2.2 422 16.9 2004-2005 29 48.8 45.0 70.3 73 2.5 3.2 0.1 1.9 356 12.3 Carreira 80 43.4 39.3 77.8 247 3.1 3.5 0.2 2.0 1102 13.8

Profesional Foi elixido no posto 32 da segunda rolda do Draft da NBA de 2007 polos Boston Celtics, equipo co cal comprometeuse para xogar as seguintes dúas tempadas. En xullo de 2009 foi despedido do equipo.hoopshype.com Danny Ainge Boston Celtics , consultado en agosto de 2009 O 11 de setembro de 2009 asinou coma axente libre polos New York Knicks, aínda que non chegou a debutar, xogando actualmente en Utah Flash da NBA D-League. O 9 de decembro de 2011 asinou un contrato cos Orlando Magic, mais foi despedido dúas semanas despois.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Pruitt en NBA.com Datos de Pruitt na NCAA

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores do Keravnos BC Categoría:Xogadores do Panionios BC