Saikai (西海市, さいかいし, Saikai-shi) é un concello da prefectura de Nagasaki no Xapón. Está situado ao noroeste da illa de Kyūshū e no centro da prefectura, na península de Nishisonogi. A súa superficie é de 241,95 km², a poboación é de 31.782 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 131 h/km².
A cidade de Saikai foi fundada pola fusión de 5 concellos de vilas do distrito de Nishisonogi (de Seihi, de Ōseto, de Saikai, de Ōshima e de Sakito) no ano 2005.
O concello de Saikai limita cos concellos de Nagasaki e Sasebo.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Saikai .
Categoría:Prefectura de Nagasaki Categoría:Concellos do Xapón