Os Scarlets (en galés: Y Sgarlets) son un dos catro equipos profesionais galeses de rugby. Teñen a súa sede na cidade de Llanelli, ao suroeste de Gales, sendo o seu estadio local o Parc y Scarlets, recinto con capacidade para 14.870 espectadores. Compiten no Pro14, unha liga que inclúe equipos profesionais de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica, e na European Rugby Champions Cup. Orixinalmente o nome do club era Llanelli Scarlets, mais ao comezo da temporada 2008−09 mudou o seu nome seguindo a liña dos Ospreys en 2005.

Os Scarlets foron fundados en 2003 como un dos cinco, agora catro, equipos rexionais creados pola Welsh Rugby Union (WRU). O equipo está afiliado a múltiples clubs locais amadores e semi-profesionais, incluído equipos da Welsh Premier Division como o Llanelli, o Carmarthen Quins e o Llandovery. Antes de xogar no Parc y Scarlets, até a temporada 2007–08, o equipo disputaba a maioría dos seus xogos no Stradey Park de Llanelli, aínda que tamén tiñan utilizado o Racecourse Ground en Wrexham. Entre o seu palmarés destacan os dous campionatos do Pro14 (antes Celtic League/Pro12) conseguidos en 2004 e 2017.

Elenco Os seguintes son os xogadores dos Scarlets para o Pro14 de 2019−20.

Equipo dos Scarlets (Pro14)Piliers Dylan Evans Rob Evans Rhys Fawcett Simon Gardiner Alex Jeffries Wyn Jones Werner Kruger Samson Lee Phil Price Javan Sebastian Steffan Thomas

Talonadores Taylor Davies Ryan Elias Dafydd Hughes Marc Jones Ken Owens (c) Shaun Evans

Segunda liña Jake Ball Steve Cummins Danny Drake Josh Helps Juandré Kruger Sam Lousi Tevita Ratuva Lewis RawlinsTerceira liña Uzair Cassiem James Davies Dan Davis Ed Kennedy Josh Macleod Tom Phillips Aaron Shingler Blade Thomson

Medios-melé Dane Blacker Gareth Davies Jonathan Evans Kieran Hardy

Aperturas Dan Jones Ryan Lamb Angus O'Brien Rhys PatchellCentros Paul Asquith Corey Baldwin Jonathan Davies Kieron Fonotia Steffan Hughes Hadleigh Parkes

Ás Ryan Conbeer Steff Evans Tom James Johnny McNicholl Ioan Nicholas Tom Prydie Tom Rogers

Zagueiros Leigh Halfpenny Tomi Lewis Morgan Williams (c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.

Xogadores destacados British and Irish Lions miniatura|Matthew Rees. Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions mentres xogaban para os Scarlets. Simon Easterby: 2005 Dwayne Peel: 2005 Stephen Jones: 2009 Matthew Rees: 2009 Jonathan Davies: 2013, 2017 George North: 2013 Ken Owens: 2017 Liam Williams: 2017

Internacionais Os seguintes son xogadores dos Ospreys que foron máis de 20 veces internacionais coas súa seleccións.

Adestradores A seguinte é unha lista de todos os adestradores da historia dos Scarlets. Adestrador Anos Gareth Jenkins 2003–2006 Phil Davies 2006–2008 Nigel Davies 2008–2012 Simon Easterby 2012–2014 Wayne Pivac 2014–2019 Brad Mooar 2019–

Palmarés Pro14 Campións (2): 2004, 2017 Subcampións (1): 2018 Celtic Cup Subcampións (1): 2005 Anglo-Welsh Cup Subcampións (1): 2006

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pro12

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Equipos de rugby de Gales Categoría:Equipos do United Rugby Championship