Kōka (甲賀市, こうかし, Kōka-shi) é un concello xaponés da prefectura de Shiga. Está situado ao sur da prefectura, ao leste da rexión de Kinki e no centro-oeste da illa de Honshu. A súa superficie é de 481,69 km², a poboación é de 89.202 habitantes (2019) e ten unha densidade de poboación de 195 hab./km².
O concello de Kōka limita cos concellos de Ōtsu, Rittō, Konan, Ryūō, Higashiōmi, Hino (que son da prefectura de Shiga); Komono, Yokkaichi, Suzuka, Kameyama, Iga (que son da prefectura de Mie); Minamiyamashiro, Wazuka e Ujitawara (que son da prefectura de Kyoto).
Kōka ou máis común Kōga é moi coñecido como a terra dos ninjas e como a terra veciña de Iga no Xapón.
Historia A cidade de Kōka foi fundada pola fusión de 5 concellos de vilas do distrito de Kōka (Minakuchi, Kōnan, Kōka, Tsuchiyama e Shigaraki) o 1 de outubro de 2004.
Turismo e lugares de interese Casa antiga dos ninjas de Kōka (甲賀流忍術屋敷, Casa antiga de Mochiduki Izumo-no-kami) - Única casa de ninjas conservada no Xapón.
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kōka . Casa antiga dos ninjas de Kōka .
Categoría:Prefectura de Shiga Categoría:Concellos do Xapón