Jermaine Lee O'Neal, nado o 13 de outubro de 1978 en Columbia, Carolina do Sur, é un exxogador profesional estadounidense de baloncesto que xogaba como axente libre. Mide 2,11 m e podía xogar tanto de ala-pivote como de pivote.

Traxectoria Grazas á súa altura e axilidade pronto comezou a amosar aptitudes para algúns deportes, aínda que finalmente decidiuse polo baloncesto. Ingresou no instituto de Eau Claire da súa cidade natal. En dito centro sobresaíu de tal modo que no ano 1996 (con tan só 17 anos) foi elixido no Draft da NBA polos Portland Trail Blazers.

Jermaine O'Neal posuía a honra de ser o xogador máis novo da historia en disputar un partido, ata que Andrew Bynum chegou á liga sendo aínda máis novo ca el. Tras uns inicios moi decepcionantes, no ano 2000 foi traspasado aos Indiana Pacers. A partir dese cambio naceu o O'Neal que hoxe todos coñecemos. A súa carreira comezou a coller pulo de verdade. Comezou a facer máis de 20 puntos por tempada e sempre ao redor dos 10 rebotes. Foi All Star en 5 ocasións.

Foi sancionado con 25 partidos por un altercado no Palace. Sobre ese acontecemento fíxose un documental estreado en Netflix en 2021, no que O'Neal dá a súa versión.

Un gran tiro de curta e media distancia, unha gran capacidade reboteadora e, sobre todo, unha sobrenatural capacidade defensiva (máis de 2 tapóns por partido) fan del unha das estrelas da NBA e un dos ídolos da liga. Pero tras unha tempada 2007/08 non demasiado boa, os Pacers decidiron traspasalo aos Toronto Raptors xunto con Nathan Jawai a cambio de T.J. Ford, Rasho Nesterovic, Maceo Baston e a elección nº17 do Draft do 2008, Roy Hibbert.

O 13 de febreiro de 2009 foi traspasado a Miami Heat xunto con Jamario Moon por Shawn Marion e Marcus Banks.. Na primeira tempada cos Heat, O'Neal xogou 27 partidos, nos que promediou 13.0 puntos, 5.4 rebotes e 2.0 tapóns. Nos seus primeiros 12 partidos, os Heat conseguiron un récord de 7-5, o que lles fixo asegurar o cuarto posto na Conferencia Leste, e xogar así os playoffs, onde caeron ante Atlanta Hawks en sete partidos. No verán de 2010 asinou un contrato por dous anos cos Boston Celtics e o 20 de abril de 2012 deixou o equipo.Celtics Waive O'Neal, Sign Sean Williams En agosto de 2012 asinou contrato cos Phoenix Suns por unha tempada e ao ano seguinte cos Golden State Warriors . Moi castigado polas lesións das tempadas previas xa non participou na tempada da NBA 2014-2015.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Columbia, Carolina do Sur Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers