London Wasps é un club profesional de rugby, con sede na localidade inglesa de High Wycombe, nas aforas de Londres, e que compite nas máximas categorías do rugby nacional (Aviva Premiership e Anglo-Welsh Cup) e do rugby europeo (Copa de Campións Europea de Rugby). O equipo xoga no Ricoh Arena de Coventry.

Historia O club naceu no ano 1867 despois dunha división producida entre os socios do Hampstead Football Club. Desa separación, xurdiu por unha parte o Wasps Football Club e pola outra o Harlequin FC. Durante as primeiras décadas da súa existencia, os Wasps estiveron emigrando dun estadio a outro polo noroeste de Londres. Na primeira metade do século XX o club era considerado como un dos mellores, pero non existía un campionato oficial de clubs para determinalo, aínda que a selección inglesa adoitaba levar xogadores dos Wasps.

Cando a Federación Inglesa de Rugby creou o campionato de Copa en 1971 e o campionato de Liga en 1987, o club comezou a encher o seu palmarés de títulos. Aínda que os Wasps tardaron 15 anos en chegar á súa primeira final de Copa, que perdeu fronte a Bath Rugby, tardou só 3 anos en proclamarse campión de liga, na tempada 1989/90.

Aínda que o club gañou a súa segunda liga na tempada 1996/97 e a súa primeira copa en 1999, o maiores éxitos do club foron na primeira década do século XXI. Nos derradeiros 10 anos os Wasps teñen gañado 4 ligas, 2 copas, 2 copas de Europa e 1 copa Challenge, convertendo o palmarés do club nun dos máis importantes do continente.

Na tempada 2001/02 o equipo se moveu á localidade de High Wycombe para xogar os seus partidos no estadio Adams Park, un pequeno estadio no que ata aquel intre xogaba o equipo de fútbol dos Wycombe Wanderers. Por mor dun dos grandes problemas que tivo sempre o club, a baixa asistencia de seareiros ós partidos, o estadio ampliouse en 2006 para aumentar a súa capacidade ata 10.516 espectadores, porén o club está a traballar nun proxecto para construír un novo estadio para mais de 15.000 persoas na mesma localidade.

Palmarés Competicións nacionais CompeticiónTítulos2016151413121110 09 080706050403020100999897969594939291908988 Liga inglesa6 - 67811957254222727591433272132 CompeticiónTítulos20161514131211100908070605040302010099989796959493929190898887868584838281807978777675747372 Copa inglesa 3 - C CCF F FF Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión. Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.

Competicións continentais CompeticiónTítulos2016151413121110 09 08070605040302010099989796 Copa de Campións Europea de Rugby 15px Copa de Europa 2 - ¼ g ggCggC gg¼ ¼g CompeticiónTítulos2016151413121110 09 080706050403020100999897 20px European Rugby Challenge Cup 15px Challenge Cup 1 ½¼¼¼½ C C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

Tempada actual

Véxase tamén Outros artigos Aviva Premiership 2015-2016 Copa de Campións Europea de Rugby

Ligazóns externas Páxina do club

Categoría:Equipos de rugby de Inglaterra