miniatura|250px|Rexións de África.

Denomínase rexións e de África á división do continente africano para o seu estudo Dous exemplos son as divisións xeográficas ou lingüísticas.

A Organización das Nacións Unidas adoita referirse a cinco rexións: África Setentrional (polo norte do Sáhara toda a costa Mediterráneo, ás veces incluíndo Sudán), África Occidental desde lonxitude 10º leste, excluíndo África Setentrional), África Oriental (dende o mar Vermello e o Corno de África até Mozambique, incluíndo Madagascar), África Central e África Meridional.

Rexións xeográficas miniatura|250px|Imaxe satélite de África.

Outro xeito de dividir África sería pola súa xeografía física atendendo ao relevo, ao clima, á flora: O deserto do Sáhara, é unha grande rexión na África do Norte o segundo deserto máis grande do mundo (despois da Antártida). O Magrebe, é a rexión do noroeste africano, abranguendo dende as costas até as Montañas do Atlas de Marrocos, Alxeria, e Tunisia. O Sahel, rexión que é unha fita de vexetación ao sur do Sáhara que vai dende o Senegal até Sudán. A rexión do Sudán, que está xusto despois do Sahel, e que é un pouco máis húmida. O Corno de África, é unha península no leste de África, que penetra o mar de Arabia e está no sur do Golfo de Adén. Abrangue Etiopía, Eritrea, Somalia e Djibuti. África Subsahariana, toda a África que está ao sur do Sáhara. A rexión de Guinea, que se diferenza da veciña Sudán pola súa selva tropical e vai pola costa atlántica dende Guinea até Nixeria. O Congo, rexión tropical. Gran Val do Rift, a rexión que contén Uganda.

Rexións lingüísticas Por linguas oficiais Zona anglófona. Comprende cinco países de África oriental (Gambia, Serra Leoa, Liberia, Ghana, e o país máis poboado de África, Nixeria, como tamén nunha pequena parte do Camerún) que están separados por países francófonos, e unha longa área contigua na África Meridional e África Oriental. Zona do árabe. Fórmana os países de fala árabe máis poboados do mundo (Exipto, Sudán, Marrocos, Alxeria), como tamén Tunisia e Mauritania. O francés tamén está implantado nos países do Magrebe, aínda que se está a perder algo pola arabización dos países. Zona francófona. Forma unha área conxunta na África Occidental e Central, ademais de Madagascar e Djibuti. Zona lusófona. Consiste nos países esparexidos de Cabo Verde, Guinea-Bissau, San Tomé e Príncipe, Angola, e Mozambique. Guinea Ecuatorial é o único estado africano onde o español é oficial, aínda que o francés e recentemente o portugués tamén o son. O suahili é amplamente empregado como interlingua na África Oriental; sobre todo en Tanzania. Etiopía e Somalia usan as linguas afroasiáticas, o amhárico e o somalí respectivamente, como linguas oficiais, aínda que o árabe tamén funciona como unha lingua secundaria en Somalia. Eritrea ten o tigriña, e tamén o árabe.

Por familias das linguas indíxenas miniatura|250px|Mapa da distribución das familias lingüísticas africanas. As linguas níxer-congo e as linguas nilo-saharianas emprégase na maioría da África Subsahariana. As nilosaharianas ocupan unha pequena área pero son moi diversas, e están relacionadas coas níxer-congo. As linguas afroasiáticas empréganse polo Norte e polo Corno de África, como tamén nalgunhas partes do Sahel. As linguas khoisas son faladas principalmente en áreas desertas da África Austral, pero foron antigamente faladas nunha área moito máis grande. As linguas austronesias, que proveñen do sueste asiático, empréganse en Madagascar.

Categoría:Xeografía de África