O Festival de Jazz de Montreux é un festival anual de jazz creado en 1967, que leva a cabo en Montreux, Suíza fronte ao Lago Léman. É internacionalmente o máis coñecido dos festivais de música de Suíza. Orixinalmente o festival concentrábase unicamente en música de jazz, pero a partir da década de 1970 abriuse a outros estilos de música, aínda que o jazz é a parte máis importante do festival. A asistencia ao festival pode chegar a acadar unhas 200.000 persoas.

Actuacións Entre os artistas que se presentaron no Festival de Montreux atópanse Ray Charles, Gary Moore,Camarón da Illa ,Charles Mingus, Marvin Gaye, Fito Páez, Lito Vitale, Hermeto Pascoal, Jamiroquai, entre outros.

A edición de 2005 tivo lugar do 1 ao 16 de xullo coa participación entre moitos outros de Isaac Hayes, Billy Preston, B. B. King, Crosby, Stills e Nash, Alice Cooper e George Benson.

Gravacións en DVD Hai varios DVD que mostran unha serie de grandes artistas de diversos xéneros actuando no festival. A serie, titulada 'Live at Montreux', inclúe actuacións de artistas como:

Deep Purple - 1969, 1996, 2000, 2004, 2006, 2008, 2011, 2013 Ella Fitzgerald - 1969 Frank Zappa - 1971 Canned Heat - 1973 Van Morrison - 1974 & 1980 Al Di Meola - 1986, 1989, 1993 (2004) The Mahavishnu Orchestra - 1974 & 1984 Weather Report - 1976 Bonnie Raitt - 1977 Marvin Gaye - 1980 Mike Oldfield - 1981 Stevie Ray Vaughan- 1982 & 1985 Eric Clapton - 1986 Otis Rush - 1986 Gary Moore - 1990 The Moody Blues - 1991 Tori Amos - 1991 & 1992 Johnny Cash - 1994 Dr John - 1995 Emerson, Lake and Palmer - 1997 Earth, Wind & Fire - 1997

Legends - 1997 Boney James - 1999 The Jeff Healey Band - 1999 Lou Reed - 2000 UB40 - 2001 Candy Dulfer - 2002 Muse - 2002 Jethro Tull - 2003 Yes - 2003 Jamiroquai - 2003 Suzanne Vega - 2004 Carlos Santana presents Buddy Guy, Clarence Gatemouth Brown e Bobby Parker - 2004 Steve Earle - 2005 Alice Cooper - 2005 Robert Plant - 2006 Wu-Tang Clan - 2007 Ray Charles - 1997 Rory Gallagher- 1975, 1977, 1979, 1985, 1994 Marcus Miller

Véxase tamén Ligazóns externas Montreux Jazz Festival Claude Nobs Foundation Live at Montreux on YouTube Claude Nobs Revealed on CNN.com International

Montreux Categoría:Festivais de música Categoría:Festivais de música en Suíza Categoría:Festivais de jazz Categoría:Cantón de Vaud