esquerda|miniatura|250px|Unha simulación da vista de Talasa orbitando Neptuno. Talasa (en grego Θάλασσα), tamén coñecida coma Neptuno IV, é o segundo satélite máis próximo (ou interior) de Neptuno. Talasa foi nomeada máis tarde co nome da filla de Aether (Éter) e Hemera a partir da mitoloxía grega. "Talasa" significa en grego "mar".

Talasa foi descuberta nalgún momento antes de mediados de setembro do 1989 a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Déuselle temporalmente a designación S/1989 N 5.IAUC 4867} discovery IAUC circular O descubrimento foi anunciado (IAUC 4867) o 29 de setembro do 1989, pero o texto só falaba de "25 fotogramas tomados durante 11 días", dando unha data do descubrimento que debeu ser algúns días antes do 18 de setembro. O seu nome foille outorgado o 16 de setembro do 1991.

Talasa amosa unha forma irregular e non amosa signos de modificacións xeolóxicas. É máis coma unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial. Algo moi infrecuente nos corpos irregulares é que Talasa ten unha forma semellante á dun disco.

A órbita de Talasa está por debaixo do radio das órbitas sincrónicas de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando un anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa. Relativamente pouco tempo despois, parte dos fragmentos dispersados poderían invadi-la órbita de Despina.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Neptuno

Ligazóns externas Thalassa Profileby NASA's Solar System Exploration Neptune's Known Satellites (by Scott S. Sheppard)

Categoría:Lúas de Neptuno