dereita|200px|miniatura|Un feixe de cravos. dereita|200px|miniatura|Os cravos pódense espetar en materiais como a madeira cun martelo. En enxeñaría, carpintaría e construción, un cravo é un obxecto delgado, alongado e duro semellante aos alfinetes, cunha punta de metal ou aliaxe usado como sistema de fixación. Antigamente eran de ferro forxado; na actualidade os cravos son dunha aliaxe de aceiro, adoito tratada para combater os efectos da corrosión en condicións severas ou mellorar a adhesión.
O normal é chantar os cravos na peza coa axuda dun martelo ou unha pistola de cravos pneumática. Os cravos manteñen os materiais xuntos por medio da fricción na dirección do eixe e tensión de corte lateralmente.
Véxase tamén Outros artigos Chatola
Categoría:Construción Categoría:Carpintaría