Iwaki (いわき市, いわきし, Iwaki-shi) é un concello da prefectura de Fukushima no Xapón. Está situado ao sur da rexión de Tōhoku e ao sueste da prefectura, ao leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 1.231,34 km², a poboación é de 345.488 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 281 h/km².

O concello de Iwaki limita cos concellos de Hirono, Naraha, Kawauchi, Tamura, Ono, Hirata, Furudono, Samegawa (que son da prefectura de Fukushima); e Kitaibaraki (este último é da prefectura de Ibaraki).

Historia A cidade de Iwaki foi fundada pola fusión de 5 concellos de cidades, 4 concellos de vilas e 5 concellos de aldeas no ano 1966.

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Iwaki . Sitio web oficial da cidade de Iwaki .

Categoría:Prefectura de Fukushima Categoría:Concellos do Xapón