James Harold Wilson, nado en Huddersfield o 11 de marzo de 1916 e finado en Londres o 24 de maio de 1995, foi un académico e político, foi primeiro ministro do Reino Unido en dúas ocasións: entre 1964 e 1970, e entre 1974 e 1976.
Traxectoria Harold Wilson foi un dos políticos laboristas británicos máis relevantes. Exerceu como primeiro ministro durante dúas lexislaturas. A primeira vez dende 1964 ata 1970 e a segunda dende 1974 ata 1976. Saíu elixido como primeiro ministro despois de máis eleccións xerais que calquera outro político do século XXI, presentándose a cinco e gañando catro. É o político británico máis recente en gobernar dúas veces non consecutivas.
Categoría:Primeiros ministros do Reino Unido Categoría:Políticos do Partido Laborista do Reino Unido Categoría:Nados en Yorkshire Occidental Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Finados por cancro colorrectal Categoría:Finados por alzhéimer