Resident Evil Gaiden é un videoxogo producido e distribuído por Capcom, pertencente á serie Resident Evil. Foi lanzado no ano 2002 para a Nintendo Game Boy Color.

Historia Despois dos feitos acontecidos durante Resident Evil 2, unha serie de superviventes do incidente de Raccoon City crean unha organización de sabotaxe á Corporación Umbrella. Descobren que Umbrella transporta un experimento biolóxico (BOW) nun barco e deciden interceptalo. A bordo soben Leon S Kennedy (un dos protagonistas de Resident Evil 2) e Barry (un dos protagonistas de Resident Evil), que atopan un abrocho do virus T. Xunto ao barco chega ademais, un submarino de Umbrella. Tras diversos combates, o navío foi destruído e Leon, Barry e unha supervivente, Lucía, foxen cun helicóptero.

Estilo de xogo O xogo alterna a primeira coa terceira persoa. Mentres camiñamos e exploramos a vista é de terceira persoa, mentres que durante os combates, pasamos a primeira persoa.

Categoría:Resident Evil Categoría:Videoxogos de 2001 Categoría:Videoxogos de Game Boy Color Categoría:Videoxogos exclusivos de Game Boy Color